Boborás

concello da comarca do Carballiño, na provincia de Ourense

Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O xentilicio é boborao ou boborés.[8]

Boborás
Escudo de Boborás
Casa do concello
Situación
Xentilicio[1]boborao/boborá
boborés/boboresa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación2.232 hab. (2023)[2][3]
Área87,8 km²[3]
Densidade25,42 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias[4]
Capital do concelloBoborás
Política (2023 [5])
AlcaldeAna Patricia Torres Madureira (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Boborás
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes74,65%
Na rede
http://boboras.gal
editar datos en Wikidata ]

Poboación

Censo total2510 (2015)
Menores de 15 anos142 (5,66 %)
Entre 15 e 64 anos1245 (49,6 %)
Maiores de 65 anos1123 (44,74 %)
Evolución da poboación de Boborás   Fontes: INE e IGE.
1900193019501981200420092011201220132014201520162017201820192020202120222023
73997066691951133214
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

Historia

Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico

A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.

A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.

A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.

O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.

O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Boborás

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Boborás

Albarellos (San Miguel) |Astureses (San Xulián) | Brués (San Fiz) | Cameixa (San Martiño) | Cardelle (San Silvestre) | Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede) | Moreiras (Santa Mariña) | Pazos de Arenteiro (San Salvador) | O Regueiro (San Pedro) | Xendive (San Mamede) | Xurenzás (San Pedro) | Xuvencos (Santa María)

Lugares de Boborás

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boborás vexa: Lugares de Boborás.

Notas

Véxase tamén


 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: