Bremen

cidade alemá
Este artigo trata sobre a cidade alemá, para o artigo sobre o estado tamén alemán véxase Estado de Bremen.

Bremen (en alemán pronunciado [ˈbʁeːmən]) é unha cidade situada no noroeste de Alemaña. Forma, canda o porto de Bremerhaven (60 km ao NO), a Cidade Libre Hanseática de Bremen ou Estado de Bremen, un dos 16 estados federados que conforman Alemaña, do cal é a capital.

Modelo:Xeografía políticaBremen
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 53°04′33″N 8°48′26″L / 53.0758, 8.80728°48′26″L / 53.0758, 8.8072
EstadoAlemaña
Estado federadoEstado de Bremen Editar o valor em Wikidata
Enclave enBaixa Saxonia Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación569.396 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.791,23 hab./km²)
Xeografía
Superficie317,88 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Weser, Lesum, Schönebecker Aue (en) Traducir, Blumenthaler Aue (en) Traducir e Wümme Editar o valor em Wikidata
Altitude11 m-6 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoAndreas Bovenschulte (2019–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Liga Hanseática (1260–1669)
Mayors for Peace (en) Traducir (1984–)
Aliança Climática (pt) Traducir (1992–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal28195, 28197, 28199, 28201, 28203, 28205, 28207, 28209, 28211, 28213, 28215, 28217, 28219, 28237, 28239, 28259, 28277, 28279, 28307, 28309, 28325, 28327, 28329, 28355, 28357, 28359, 28717, 28719, 28755, 28757, 28759, 28777 e 28779 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0421 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSDE501 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña04011 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán04011000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Iocoama
Corinto (pt) Traducir
Lukavac (en) Traducir
Samarcanda
Dudley (pt) Traducir
Maracaibo
Pune (1976–)
Gdańsk (1976–)
Haifa (pt) Traducir (1976–)
Riga (1985–)
Dalian (1985–)
Rostock (1986–)
Bratislava (1989–)
Esmirna (1995–)
Windhoek (2000–)
Groninga - Groningen (2009–)
Durban (2011–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webbremen.de Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Bremen é unha cidade no noroeste de Alemaña, atravesada polo río Weser a uns 60 km de distancia do Mar do Norte. A cidade atópase a uns 50 km ao leste de Oldenburg, 110 km ao suroeste de Hamburgo, 120 km ao noroeste de Hanover e 105 km ao nordés de Osnabrück.

Clima

Bremen posúe un clima oceánico moderado debido a súa proximidade á costa do Mar do Norte.

Datos climáticos para Bremen
MesXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDecAnual
Temperatura máxima en °C14,618,523,530,234,434,936,837,633,428,620,116,137,6
Media máxima en °C3,94,88,712,818,020,222,422,618,413,58,05,113,2
Media diaria en °C1,41,95,08,112,715,317,417,413,99,75,22,79,2
Media mínima en °C−1,1−1,11,33,47,410,312,412,19,35,82,30,35,2
Temperatura mínima en °C−21,8−23,6−18,7−7,6−3,50,53,03,4−1,2−7,8−14,1−17,5−23,6
Chuvia media mm55,135,651,240,854,273,465,061,260,155,457,761,6671,3
Media de días con chuvia (≥ 1.0 mm)11,38,611,09,09,511,110,810,110,610,511,512,0126
Humidade relativa media (%)87848075717375758184878880
Media de horas de sol mensuais477110717021419320519314310854401 545
Fonte: DWD; wetterkontor.de;[1][2]

Poboación

En 2015, Bremen contaba cunha poboación de 557.464 habitantes, dos cales 89.713 (16%), aproximadamente, tiñan unha nacionalidade estranxeira.[3] A área urbá chega a case 900 000 habitantes e a área metropolitana Bremen-Oldenburg inclúe uns 2,3 millóns de habitantes.

Principais minorías en Bremen(31 de decembro de 2015)[3]
NacionalidadePoboación
1Turquía20 624
2Siria7 211
3Polonia7 188
4Bulgaria4 552
5Rusia2 666
6Italia2 073
7Serbia e Montenegro2 062
8Afganistán1 955
9Romanía1 778
10España1 690

Historia

Bremen semella ser un antigo asentamento alemán. Unha acta proclama a súa fundación no ano 788 aínda que recentemente recoñeceuse coma falsa polo que a data de fundación segue a ser descoñecida. Durante o século VIII as tropas de Carlomagno chegaron ao río Weser coa finalidade de cristianizar as tribos asentadas a carón do río, polo que Bremen converterse nunha cidade obispal de certa importancia mercantil.

No século XII , o poder da cregaxe vese igualado polo de Henrique o León. O nobre saíu vitorioso e converteuse no soberano da cidade, o que conduciu a un goberno civil e a unha perda do poder clerical, desta forma Bremen converteuse nunha cidade comercial cuxos barcos dominaban a parte sur do Mar do Norte. Esta dominación rematou cando a Liga Hanseática, que era orixinalmente unha alianza do Mar Báltico soamente, tomou unha posición no Mar do Norte. A comezos do século XIV os barcos de Bremen artimañando coma piratas abordaron as naves hanseáticas. En 1358[4] co fin de evitar unha guerra aberta, os conselleiros municipais de Bremen acoden ao consello da Liga Hanseática en Lübeck e aceptan formar parte dela.

En 1404 foi erixida a estatua de pedra de Roland na Marktplatz[5], para substituír unha anterior de madeira que fora destruída.

Bremen continuou sendo un membro reticente da Liga Hanseática, esixindo apoio para as súas guerras contra os líderes dos clans frisóns que reinaban ao redor da desembocadura do río Weser, mais en poucas ocasións chegaron ao ámbito do Mar Báltico. En 1425, o conflito acadou un novo nivel cando os cidadáns queimaron documentos hanseáticos na praza do mercado (Bremer Markplatz). Entón Bremen é expulsado da liga en 1427, o que non deixa de ter repercusións: a repentina perda de poder leva a reclamacións territoriais dos estados veciños e perdas territoriais significativas. Máis tarde Bremen volverá a ser parte da Liga ata ser expulsada novamente no 1563 por terceira vez.

En 1623 é construído o primeiro porto artificial alemán en Bremen-Vegesack e no ano 1646 trala Guerra dos Trinta Anos contra os suecos convértese nunha cidade reino independente. A cidade foi ocupada polas tropas napoleónicas no ano 1811 integrándose ao sistema administrativo francés como capital do departamento de Bouches-du-Weser ata o fin da ocupación francesa tres anos despois para finalmente ser recoñecido como Estado soberano, da Confederación Alemá (1871) no Congreso de Viena de 1815. O Estado de Bremen absorberá 1827 ao porto de Bremerhaven conformando así o estado actual.

Despois da Segunda Guerra Mundial, durante a cal a cidade foi bombardeada dende xuño de 1942 a marzo de 1945, Bremen foi ocupada polas forzas británicas que non tardaron en ceder a cidade aos estadounidense que querían ter un porto preto do Mar do Norte. Esta situación permitiu que a cidade non fose absorbida polo estado e Baixa Saxonia que estaba baixo ocupación británica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

ListaxeCidadeEstadoPob.ListaxeCidadeEstadoPob.

Berlín

Hamburgo

Múnic
1BerlínBerlín3 531 20111LeipzigSaxonia531 809
2HamburgoHamburgo1 810 69812DresdenSaxonia529 781
3MúnicBaviera1 378 17613HannoverBaixa Saxonia525 875
4ColoniaRenania do Norte-Westfalia1 017 15514NürnbergBaviera510 602
5FrankfurtHessen691 51815DuisburgoRenania do Norte-Westfalia488 005
6StuttgartBaden-Württemberg613 39216BochumRenania do Norte-Westfalia373 976
7DüsseldorfRenania do Norte-Westfalia592 39317WuppertalRenania do Norte-Westfalia349 470
8DortmundRenania do Norte-Westfalia580 95618BonnRenania do Norte-Westfalia327 913
9EssenRenania do Norte-Westfalia573 46819BielefeldRenania do Norte-Westfalia323 395
10BremenBremen548 31920MannheimBaden-Württemberg314 931
Datos do censo de 2011

 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: