Céspede

superficie plantada con herba e plantas similares

O céspede, herba ou pasto é o nome dunha ducia de especies de gramíneas (familia Poaceae) que medran formando unha cuberta densa. Utilízanse como plantas ornamentais en prados e xardíns ou como terreo para a práctica de diversos deportes e actividades recreativas.

Céspede salvaxe do campo.
Céspede podado.

Subtipos de céspede

Entre as máis frecuentes atópanse:

  • En climas tépedos e húmidos:
  • En climas secos ou subtropicales:
    • Cynodon dactylon: grama, coca, cerreña[4].
    • Stenotaphrum secundatum: gramón[5].
    • Paspalum notatum: herba baía ou céspede baía.
    • Pennisetum clandestinum: kikuyo ou céspede africano.
    • Zoysia japonica:
    • Axonopus compressus: 'grama' brasileira.
    • Agropyrum repens, Triticum repens: Grama francesa ou grama canina[6].
    • Agropyrum junceun, Triticum junceum, Elymus farctu: grama mariña[5].
    • Anthoxanthum odoratum, lesta[7].
    • Elymus repens, rengo, grama francesa[1].

Céspede nos deportes

Campo de céspede nun estadio de béisbol.

O céspede é moi importante en moitas competicións deportivas; cabería destacar aquelas que se celebran en recintos abertos, ao aire libre. Particularmente o céspede é o elemento utilizado no deporte máis seguido do mundo, o fútbol; o céspede natural é o elemento que se esixe por parte da FIFA e a UEFA en todos os estadios onde se celebren eventos deportivos adscritos a elas. Ademais é fundamental en deportes tan coñecidos como o rugby, o golf, o béisbol, o hockey sobre céspede, ou o tenis, onde actualmente dispútase nesta superficie o torneo máis importante e prestixioso: o Torneo de Wimbledon.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: