Club de Rugby Liceo Francés

(Redirección desde «C.R Liceo Francés»)

O Club de Rugby Liceo Francés é un club de rugby español fundado en 1968 en Madrid e que actualmente compite na División de Honra B, a segunda categoría do rugby español. As cores do equipo son as da bandeira francesa, branco, azul e vermello.

Liceo Francés
NomeClub de Rugby Liceo Francés
Fundación1968
SedeMadrid, España
Estadio(s)Campo Ramon Urtubi, Madrid
PresidenteJorge de Urquiza
AdestradorRubén Duque
Liga(s)División de Honra B
2011-12
Casa
Na rede
http://www.liceo.com

Historia

O club foi fundado na tempada 1967-68. Nese ano inaugurouse o novo colexio no parque Conde Orgaz e os señores Agostini e Tyssere, que dirixían o centro, solicitaron á federación un educador. Chegou entón Luis Abad Luisón, que sembrou a paixón polo rugby e dirixiu ao equipo durante anos. Dende aquela o club non parou de medrar, ata converterse nun dos equipos máis importantes do panorama español, proporcionando moitos xogadores ás diferentes categorías da Selección Española.

O Liceo Francés ten unha forte tradición de coidado da canteira e a formación de xogadores para o futuro, sendo a súa escola unha das máis importantes de España.

A pesar de non ter gañado ningunha das 14 edicións da Liga Española de rugby que disputou, o equipo acadou o subcampionado nas tempadas 1990-91 e 1992-93. Nos anos 1989 e 2001 o equipo caeu derrotado na final da Copa do Rei. A súa última presenza na División de Honra foi na tempada 2006-07.

Na tempada 2010-11 competiu no Grupo 2 da División de Honra B, acadando a 4ª posición na clasificación final da liga, o que permitirá que o equipo participe de novo na segunda categoría do rugby nacional na tempada 2011-12.

Palmarés

Posicións do Club de Rugby Liceo Francés nas competicións nacionais
Categoría2012111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473727170
Div.Honra9834759823279x
Div.HonraB34351210
1ªNacional112131354447135
Copa22

A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.

Tempada actual

POSTOEQUIPOPUNTOSXOGGAÑEMPPER
1º.CUARTOS DE FINAL Ciencias51100
2º.CUARTOS DE FINAL Industriales51100
3º.CUARTOS DE FINAL Liceo Francés51100
4º.PERMANENCIA Arquitectura51100
5º.PERMANENCIA Jaén51100
6º.PERMANENCIA Marbella51100
7º.PERMANENCIA Cisneros B11001
8º.PERMANENCIA Almería01001
9º.PERMANENCIA Alcobendas B01001
10º.PERMANENCIA Olímpico01001
11º.PROMOCIÓN CRC01001
12º.DESCENSO Cáceres01001

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas