Cabaleiros da Táboa Redonda

Non confundir con Mesa redonda de debate.

Os cabaleiros da Táboa Redonda foron os homes premiados coa máis alta orde da Cabalaría, na corte do Rei Artur, no Ciclo Artúrico. A Táboa Redonda ou Mesa redonda, ao redor da cal eles se reunían, foi creada con este formato para que non tivese cabeceira, representando a igualdade de todos os seus membros. En diferentes historias, varía o número de cabaleiros, indo de 12 a 150 ou máis.[1] A Winchester Round Table, que data de 1270, é unha lista con 25 nomes de cabaleiros.

A Mesa Redonda de Winchester (século XIII)

Código de cabalaría

Sir Thomas Malory describe o código dos cabaleiros como:

  • Nunca insultar nin asasinar;
  • Evitar sempre a traizón;
  • De ningunha forma ser cruel, mais conceder misericordia a quen pedir por ela;
  • Sempre socorrer señoras, damas e viúvas;
  • Nunca forzar señoras, damas ou viúvas;
  • Nunca asumir loitas e querelas erradas por amor ou bens materiais.
  • Sempre protexer o non matar.
  • Axudar ao próximo.

Orixes da Táboa Redonda

O primeiro escritor a describir a Táboa Redonda foi o poeta do século XII Wace, cuxo Roman de Brut tomou como base a Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth. Este recurso foi utilizado por moitos autores posteriores. Aínda, mesmo os primeiros autores atribúen a Artur un séquito de guerreiros extraordinarios; en Geoffrey, a corte de Artur atrae os maiores heroes de toda a Europa. No material artúrico galés, moito do cal está incluído nos Mabinogion, atribúense habilidades sobrehumanas aos homes de Artur. Algúns dos personaxes do material galés aparecen mesmo so nomes alterados como cabaleiros da Táboa Redonda nas novelas continentais, os mais notábeis dos cales son Cai (sir Kay), Bedwyr (sir Bedivere) e Gwalchmai (sir Gawain).

Lista de cabaleiros da Táboa Redonda

Teoricamente, a Táboa Redonda tería apenas 12 ou 24 cabaleiros, conforme as versións. No entanto, nas varias historias e versións das lendas, aparecen referidos como cabaleiros mais dunha centena de nomes, dos cales, os mais famosos van a seguir referidos.

Nota: nas versións medievais galego-portuguesas das historias da Táboa Redonda, os nomes dos cabaleiros eran moitas veces precedidas do título de nobreza don. Modernamente, por influencia anglosaxoa, mesmo nas linguas galega e portuguesa pasou a ser común preceder os nomes polo título británico correspondente (sir).

NomeVariantes do NomeAlcuñaDescriciónObras Literarias
AccolonAccolon de GaliaAmante de Morgana e inimigo de Artur
AglovaleFillo do Rei Pellinore de Listinoise
AgravainAgraveineFillo do Rei Lot de Orkney
BedivereBedwir, BedwyrCondestábel e un dos principais conselleiros de Artur
BoorsBors, Bohort, BohorBoors, o ExiladoRei de Gaunes (Galia), irmán de Leonel, primo de Lancelot e de Heitor. Un dos que chegou ao fin da demanda do Graal
BreunorLa Cote Male Taile
Cador
Calogrenant
CaradocKaradocCaradoc Freichfras (Caradoc Brazo-Forte)
Colgrevance
ConstantinoConstantineFillo de Cador e que se tornou Rei após a morte de Artur
DagonetDragonetO Bobo da Corte
Daniel
DinadanIrmán de Daniel e Brunor
GaherisGuerrehetFillo de Lot e de Morgause
GalahadGalaazGalahad o Valente (Galahad, o Valente Cabaleiro)Fillo de Lancelot
GalehautSeñor das illas afastadas
GarethGaherietGareth, o FrancoFillo de Lot e de Morgause
GauvainGalvam e Galvão (versións galego-portuguesas medievais), Gawain, Gauvaine, Gawaine, Balbhaidh, GwalchmaiO FalcónFillo de Lot e de Morgause e sobriño de Artur
GeraintÉrecÉrec e Énide
GingalainO Belo DescoñecidoFillo de Gauvain
GirfletJauffré
HeitorHector, EctorHeitor das LagoasFillo do Rei Ban de Benoic e da Raíña Helena, padrasto de Artur e pai de Kay
Hoel
Hunbaut
IvainIvaine, Ywain, Owain, OwainsO Cabaleiro do LeónFillo de Uriens e de Morgana. Un dos mellores cabaleiros, expulsado por Artur, mais a el fiel e ás demandas. Acompañado dun león.Yvain, o Cabaleiro do León
Ivain, o BastardoYwain o BastardoYwain o AventureiroTamén fillo de Uriens
KayCai, Kai, Keu, Caius, CaioSenescal, frecuentemente asociado con Bedivere, un dos primeiros personaxes en formar parte dos Cabaleiros da Táboa Redonda de Artur
Lamorak
LancelotLanzarote, Lancelote, LauncelotLanzarote do Lago, O Cabaleiro da Carruaxe, O Cabaleiro BrancoFillo do Rei Ban, medio-irmán de Heitor e Pai de Galahad. Criado por Viviane nun lago. Salvador e amante de Xenevra.
LeodegranceLeodegrans, LéodaganPai de Xenevra e Gardián da Táboa Redonda
LionelLeonelFillo do Rei Bohort
Lucan
MaleagantDicíase quer era fillo bastardo de Leodegrance e secuestrou e violou a Xenevra
MordredMortret, Morderet (galego-portugués medieval)Xove deus cornudoFillo ilexítimo de Artur e Morgana e destruidor do seu reino
Morholt
PalamedesO Sarraceno
Pelleas
PellinorePai de Elaine, muller que casou con Lancelot, e foi mai de Galahad
PercevalPeredur, Percival, Persifal, Parsifal, Parcival, ParzifalPerceval o GalésFillo de Pellinore e, nalgunhas versións, vencedor da demanda do Graal
SafirIrmán de Palamedes
SagramoreSagremorSagramor, le DesréeNeto do emperador Adriano de Constantinopla
Tor
TristánTristan, TristamTristán de LyonesseTristán e Isolda
UrienRei de Gore, foi casado con Morgana, irmá de Artur

Segundo as varias versións da historia os vencedores da demanda do Graal foron Galahad, Perceval ou Bohort.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Chrétien de Troyes; Owen, D. D. R. (tradutor) (1988). Arthurian Romances. Nova York: Everyman's Library. ISBN 0-460-87389-X.
  • Lacy, Norris J. (Ed.) (1 de abril de 1995). Lancelot-Grail: The Old French Arthurian Vulgate and Post-Vulgate in Translation, Volume 4 of 5. Nova York: Garland. ISBN 0-8153-0748-9.
  • Malory, Thomas; Bryan, Elizabeth J. (introdución) (1994). Le Morte d'Arthur. Nova York: Modern Library. ISBN 0-679-60099-X.
  • Loomis, Roger Sherman (1997). Celtic Myth and Arthurian Romance. Academy Chicago Publishers. ISBN 0-89733-436-1.
  • Wilson, Robert H. The "Fair Unknown" in Malory. Publications of the Modern-Language Association of America (1943).
🔥 Top keywords: