Caelum

constelación do hemisferio sur

Caelum ou Buril[1] é unha constelación menor do hemisferio sur, introducida por Nicolas Louis de Lacaille que se atopa entre Columba e Eridanus. Representa un cicel, instrumento para traballar metais, pedra e outros materiais.

Caelum
Caelum
Nome latinoCaelum
AbreviaturaCae
XenitivoCaeli
SimboloxíaO cicel
Ascensión recta5 h
Declinación−40°
Área125 graos cadrados

Rango 81º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillanteα Cae

(magnitude ap. 4.45)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +40° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xaneiro

Caelum é unha constelación de pouca relevancia, sen ningunha estrela por riba da cuarta magnitude. É a oitava constelación máis pequena do firmamento, cunha área lixeiramente inferior á da Corona Australis. Ten pouco que ofrecer para o astrónomo afeccionado, pódese destacar γ Caeli, binaria óptica que se pode ver cun pequeno telescopio.

Estrelas principais

  • α Caeli, a estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,44 é unha estrela binaria formada por unha estrela branco-amarela e unha feble anana vermella de magnitude 12,5. Ambas compoñentes están separadas 6 segundos de arco.
  • β Caeli, estrela branco-amarela de magnitude 5,04 de características moi similares á compoñente máis brillante de α Caeli.
  • γ Caeli, denominación compartida por dúas estrelas distintas. γ1 Caeli, de magnitude 4,55 e é a segunda estrela máis brillante da constelación, e tamén é unha xigante laranxa a 185 anos luz. γ2 Caeli, tamén chamada X Caeli, é unha estrela variable Delta Scuti que se atopa a 334 anos luz.
  • RV Caeli, xigante vermella e variable irregular cun brillo que oscila entre magnitude 6,44 e 6,56.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • NGC 1679. AR: 04h 50m 00.0s Dec: -31°59'00" (Época 2000). Galaxia espiral, dous graos ó sur de ζ Caeli.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Imaxe da constelación de Caelum.