Cam Reddish

baloncestista estadounidense

Cameron Elijah Reddish, nado o 1 de setembro de 1999 en Norristown, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).

Cam Reddish
Los Angeles Lakers – No. 5
PosiciónAla
Información persoal
Nacemento1 de setembro de 1999 (24 anos)
Pensilvania Norristown, Pensilvania
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial98 kg (217 lb)
Información da carreira
InstitutoHaverford School
(Haverford, Pensilvania)
Westtown School
(West Chester, Pensilvania)
UniversidadeDuke (2018–2019)
NBA Draft2019 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Atlanta Hawks
Carreiradesde 2019
Historial de equipos
Atlanta Hawks (2019–2022)
New York Knicks (2022–2023)
Portland Trail Blazers (2023)
Los Angeles Lakers (2023–presente)

Traxectoria profesional

O 20 de xuño de 2019, Reddish foi escollido na 10ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Atlanta Hawks.[1] Reddish asinou cos Hawks o 1 de xullo de 2019.[2] O 24 de outubro de 2019, Reddish debutou na NBA, na vitoria dos Hawks por 117–100 contra os Detroit Pistons.[3]

O 13 de xaneiro de 2022, Reddish foi traspasado xunto a Solomon Hill e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025 ós New York Knicks, a cambio de Kevin Knox e unha elección de primeira rolda do Draft.[4] Reddish debutou cos Knicks o 23 de xaneiro de 2022.[5]

O 9 de febreiro de 2023, os Knicks traspasaron a Reddish ós Portland Trail Blazers, nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Charlotte Hornets e os Philadelpha 76ers.[6] Debutou cos Trail Blazers o día seguinte, facendo 11 puntos na derrota por 138–129 contra os Oklahoma City Thunder.[7]

O 6 de xullo de 2023, Reddish asinou cos Los Angeles Lakers.[8]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas