Campo de Riazor

antigo campo de fútbol na Coruña

8°24′57″O / 43.37025, -8.41575

O campo de Riazor foi un campo de fútbol na Coruña no que o Deportivo da Coruña xogou os seus partidos como local entre 1909 e 1944. Este terreo de xogo estaba situado nas proximidades do actual estadio, no lugar que na actualidade ocupa o colexio das Escravas.[2] O novo campo foi inaugurado o 16 de maio de 1909 cun partido fronte ó Fortuna de Vigo. O partido finalizou coa vitoria do equipo vigués por 1-3. O xornal El Noroeste relataba o acontecemento do seguinte xeito:[3]

Campo de Riazor
Área en que estaba situado o campo de Riazor
Datos
LocalizaciónA Coruña, Galiza Galicia
Construción
Inauguración1909
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade6.000[1]
LocalíaDeportivo da Coruña
O partido foi bastante forte e moi lucido e agradou a concorrencia, que aplaudiu entusiasmada a ambos os equipos

Finalmente en outubro de 1944 o Deportivo trasladouse de novo ó actual estadio construído orixinalmente por Santiago Rey Pedreira.[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas