Cancro de pulmón

conxunto de enfermidades resultantes do crecemento maligno de células do tracto respiratorio

O cancro de pulmón é un conxunto de enfermidades resultantes do crecemento maligno de células do tracto respiratorio, en particular do tecido pulmonar, é un dos tipos de cancro máis frecuentes a nivel mundial.[1] O cancro de pulmón adoita orixinarse a partir de células epiteliais, e pode derivar en metástase e infiltración a outros tecidos do corpo. Exclúese do cancro de pulmón aquelas neoplasias que fan metástase no pulmón provenientes de tumores doutras partes do corpo.[2]Os síntomas máis frecuentes adoitan ser dificultade respiratoria, tose —incluíndo tose sanguinolenta— e perda de peso,[3] así como dor torácica, rouqueira e inchazón no pescozo e a cara.

Cancro de pulmón
Clasificación e recursos externos
Radiografía na que se amosa un tumor no pulmón (sinalado cunha frecha vermella).
ICD-10C33-C34
ICD-9162
MedlinePlus007194
MeSHD002283
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O cancro de pulmón é clasificado en dous tipos principais en función do tamaño e aparencia das células malignas: o cancro pulmonar de células pequenas (microcítico) e o de células non pequenas (non microcítico). Esta distinción condiciona o tratamento e así, mentres o primeiro polo xeral é tratado con quimioterapia e radiación, o segundo tende a selo ademais mediante cirurxía,[4] láser[5]e, en casos selectos, terapia fotodinámica.[6]

A causa máis común de cancro de pulmón é o tabaquismo,[7] sendo o 95% de pacientes con cancro de pulmón fumadores e ex-fumadores. Nas persoas non-fumadoras, a aparición do cancro de pulmón é resultado dunha combinación de factores xenéticos,[8][9] exposición ao gas radon, asbesto, e contaminación atmosférica,[10][11][12] incluíndo fume secundario (fumadores pasivos).[13][14]

A diagnose temperá do cancro de pulmón é a principal condicionante para o éxito no seu tratamento. En estadíos temperáns, o cancro de pulmón pode, en ao redor do 25% dos casos,[15] ser tratado mediante resección cirúrxica con éxito de curación.[16] Con todo, debido á súa virulencia e á dificultade para a súa detección precoz, na maioría dos casos de diagnose onde xa ocorre metástase; o cancro de pulmón presenta, xunto co cancro de fígado, páncreas e esófago, os prognósticos peores, cunha esperanza de vida media de aproximadamente 8 meses.

O cancro de pulmón é unha das enfermidadees máis graves e un dos cancros con maior incidencia no ser humano, responsable dos maiores índices de mortalidade oncolóxica a escala mundial.[17] É a primeira causa de mortalidade por cancro no home e a terceira, despois do de colon e mama, na muller,[18][19] causando máis dun millón de mortes cada ano no mundo.[20] No Reino Unido (2004) e nos Estados Unidos (2006) representa a primeira causa de morte por cancro en mulleres e homes. En España son diagnosticados anualmente uns 20.000 casos, o que representa o 18,4% dos tumores entre os homes (18.000 casos) e o 3,2% entre as mulleres (2.000 casos).[21] A pesar da dificultade para atopar estatísticas consistentes entre os diferentes países de Iberoamérica e o Caribe, a supervivencia global ha ir aumentando,[21] especialmente en pacientes en tratamento regular con quimioterapia.[22]

Tipos de cancro

O cancro de pulmón pode agruparse en dúas grandes entidades, o cancro metastásico e o cancro primario de pulmón. A metástase pode derivar de diversos tipos de cancro: cancro de mama, de fígado e outros.

Dentro dos cancros primarios do pulmón (cancros derivados dos tecidos propios do pulmón) diferéncianse os tumores de células grandes dos tumores de células pequenas. En total hai catro variedades anatomopatolóxicas distintas:

  • Cancro epidermoide: clasicamente é o cancro máis frecuente, sobre todo en fumadores. É un cancro que acostuma aparecer na localización central, preto dos hilos pulmonares. Adoita aparecer a idades superiores aos 50 anos. A supervivencia global rolda o 60% aos 5 anos, sendo un dos de mellor prognóstico.
  • Adenocarcinoma: é un cancro en aumento de frecuencia, máis común en mulleres non fumadoras. Ao contrario que o epidermoide, é de distribución periférica. Presenta unha taxa de supervivencia lixeiramente menor.
  • Carcinoma de células pequenas ou "oat cell": é un cancro de células pequenas, con elevado índice de replicación celular. É un tumor central de crecemento moi veloz, que ao momento do diagnóstico está frecuentemente diseminado, producindo metástases cerebrais, no fígado e noutros órganos a distancia.
  • Cancro de células xigantes.

Tratamento

O tratamento inicial é o cirúrxico, que é o único tratamento actual con posibilidades de conseguir a curación total. A cirurxía do cancro pode consistir na exérese dun anaco illado do pulmón, na resección dun lóbulo pulmonar ou mesmo dun pulmón enteiro. A cirurxía está indicada nos estadios temperáns da enfermidade do cancro epidermoide, adenocarcinoma e cancro de células xigantes. Procúrase a extirpación completa do tumor, deixando uns bordos periféricos de seguridade. En función do estadio da enfermidade pode optarse pola extirpación dos ganglios linfáticos próximo, que poden conter células tumorais. Son estes restos microscópicos nos ganglios linfáticos os responsables de moitas metástases e recidivas.

O carcinoma de células pequenas apenas se opera nunca, debido a que na maior parte dos casos a enfermidade xa está diseminada. Nestes tumores o tratamento de elección é a quimioterapia, con ou sen radioterapia asociada. Non obstante, a pesar dun tratamento correcto, a mortalidade sitúase no 95%.

Notas

🔥 Top keywords: