Candice Bergen

actriz estadounidense

Candice Patricia Bergen, nada en Beverly Hills o 9 de maio de 1946, é unha actriz estadounidense.

Infotaula de personaCandice Bergen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Candice Patricia Bergen Editar o valor em Wikidata
9 de maio de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Beverly Hills (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBeverly Hills Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pensilvania
Stella Adler Studio of Acting (en) Traducir
Harvard-Westlake School (en) Traducir
HB Studio Editar o valor em Wikidata
Altura1.715 mm Editar o valor em Wikidata
Peso120 lb Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de televisión , fotoxornalista , fotógrafa , actriz de teatro , produtora , escritora , modelo , presentadora de televisión , actriz de cinema , produtora de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XXI Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteICM Partners (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLouis Malle (1980–1995)
PaisEdgar Bergen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Frances Bergen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000298 Allocine: 2615 Rottentomatoes: celebrity/candice_bergen Allmovie: p5591 TCM: 14409 TV.com: people/candice-bergen IBDB: 86320
Instagram: bergenbags Musicbrainz: 8508b841-e69f-46b2-a6f5-9b3ca26bfd96 Discogs: 2132867 WikiTree: Bergen-427 Editar o valor em Wikidata

Con múltiples talentos, Candice foi tamén modelo de alta costura, xornalista, fotógrafa, escritora de obras de teatro e dun libro con súas memorias. Foi a primeira muller que presentou o programa de televisión Saturday Night Live, durante a temporada de estrea en 1975.

Traxectoria

Bergen naceu o 9 de maio de 1946 no Hollywood Presbyterian Hospital[1] nos Ánxeles. A súa nai, Frances Bergen (de solteira Westerman), fora unha modelo de Powers coñecida profesionalmente como Frances Westcott.[2] O seu pai, Edgar Bergen, era un famoso ventrílocuo, cómico e actor. Os seus avós paternos eras inmigrantes suecos que anglicanizaron o seu apelidos, orixinariamente Berggren.

Bergen criouse en Beverly Hills, California e asistiu á Harvard-Westlake School.[3] De nena, ás veces era descrita como "a irmanciña de Charlie McCarthy" facendo referencia ao monicreque do seu pai, o que a irritaba.[4]

Comezou a aparecer no programa radiofónico do seu pai con poucos anos,[5] e en 1958, con once anos, apareceu co seu pai no programa de Groucho Marx You Bet Your Life, como Candy Bergen. Dixo que cando crecese quería deseñar roupa. Posteriormente asistiu á Universidade de Pensilvania, mais como logo recoñeceu non tomou a súa educación en serio e tras suspender dous cursos sobre arte e ópera, pedíronlle que abandonase. Finalmente recibiu un doutoramento honorífico desta universidade en maio de 1992.[6]

Traballou como modelo antes de dedicarse á interpretación, aparecendo na portada de Vogue. Recibiu clases de interpretación no HB Studio[7] de Nova York, comezando no cinema nos anos 60. A pesar das críticas dos seus primeiros filmes, foi candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria no cinema e ao Óscar á mellor actriz secundaria polo filme Starting Over.

En 1982, despois do éxito de Gandhi, que recibiu oito Óscars, e en que ela fixo o papel da destacada fotógrafa Margaret Bourke-White, unha das poucas occidentais a compartiren a intimidade do líder indio durante a súa vida, Bergen pasou a traballar na televisión, actuando en diversas series. Alcanzou o seu maior éxito coa serie Murphy Brown, en que interpretaba a decidida reporteira televisiva do título, e pola cal recibiu cinco premios Emmy á mellor actriz de comedia.

Posteriormente volveu actuar no cinema, participando de Miss axente especial con Sandra Bullock ou en View from the Top do brasileiro Bruno Barreto. Na televisión, participou na serie Boston Legal na ABC.

Vida persoal

Candice Bergen e a súa nai Frances Bergen na 62ª edición dos Óscar o 26 de marzo de 1990.

Activista política, Bergen aceptou unha cita con Henry Kissinger. Durante os seus días de activismo participou nunha broma Yippie cando ela, Abbie Hoffman e outros lanzaron billetes de dólar no chan da bolsa de Nova York en 1967, levando ao seu pechamento temporal. En 1972 participou na recollida de fondos e na organización da campaña presidencial de George McGovern.[8]

Bergen e o seu antigo mozo Terry Melcher viviron no 10050 Cielo Drive nos Ánxeles, que posteriormente foi ocupado por Sharon Tate e o seu marido Roman Polanski. Tate e outras catro persoas foron asasinadas na casa o 9 de agosto de 1969 por seguidores de Charles Manson.[9] Houbo especulacións iniciais sobre se Melcher puido ser a vítima prevista,[10] aínda que Melcher, o seu antigo compañeiro de piso Mark Lindsay e Vincent Bugliosi indicaron que Manson sabía que Melcher xa non vivía na casa nesa época.[11][12]

Entre 1971 e arredor de 1975, Bergen mantivo unha relación co produtor e guionista de Hollywood Bert Schneider.

O 27 de setembro de 1980, casou co director de cinema francés Louis Malle. Tiveron unha filla, chamada Chloe Françoise, en 1985. A parella estivo casada ata o pasamento de Malle por cancro o día de acción de grazas de 1995.[13] Bergen fala francés con fluidez.

Está casada co magnate inmobiliario e filántropo neoiorquino Marshall Rose[14] dende 2000.

Filmografía

AnoTítuloPersonaxeNotas
1966Group, TheThe GroupLakey Eastlake
1966O Yang-Tse en chamasShirley Eckert
1967Day the Fish Came Out, TheThe Day the Fish Came OutElectra Brown
1967Vivre pour vivreCandice
1968Magus, TheThe MagusLily
1970Adventurers, TheThe AdventurersSue Ann Daley
1970Getting StraightJan
1970Soldier BlueCresta Maribel Lee
1971Carnal KnowledgeSusan
1971Hunting Party, TheThe Hunting PartyMelissa Ruger
1971T.R. BaskinT. R. Baskin
197411 HarrowhouseMaren Shirell
1975Wind and the Lion, TheThe Wind and the LionEden Pedecaris
1975Morde a balaMiss Jones
1977Domino Principle, TheThe Domino PrincipleEllie Tucker
1978Night Full of Rain, AA Night Full of RainLizzy
1978Oliver's StoryMarcie Bonwit
1979Starting OverJessica PotterCandidata ao Óscar e ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria
1981Rich and FamousMerry Noel Blake
1982GandhiMargaret Bourke-WhiteCandidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria
19842010SAL 9000Só voz; acreditada como Olga Mallsnerd
1985StickKyle McClaren
2000Miss axente especialKathy Morningside
2002Sweet Home AlabamaMayor Kate Hennings
2003View from the TopSally Weston
2003In-Laws, TheThe In-LawsJudy Tobias
2008Sex and the CityEnid Frick
2008Women, TheThe WomenCatherine Frazier
2009Bride WarsMarion St. Claire
2010Romantics, TheThe RomanticsAugusta Hayes
2014A Merry Friggin' ChristmasDonna Mitchler
2016Rules Don't ApplyNadine Henly
2017The Meyerowitz StoriesJulia
2017Home AgainLillian Stewart
2018Book ClubSharon Myers
2020Let Them All TalkRoberta

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: