Chang'e 4

sonda luar chinesa

Chang'e 4, módulo de descenso dun lanzamento espacial chinés, foi a primeira sonda en aluar na cara oculta da Lúa, o 3 de xaneiro de 2019, despois de ser lanzada o 7 de decembro de 2018.[1] Aluou no interior do cráter Von Kármán.[2] Levou unha serie de seres vivos para experimentar: algodón, colza, patacaarabidopsis, Lévedo e moscas da froita. A finalidade era formar unha mini zona con condicións atmosféricas na que poder realizar un ciclo vital.[3] A experiencia non sobreviviu as baixas temperaturas da noite lunar.

O vehículo lunar (rover) yutu2
O módulo de descenso e o vehículo lunar (rover) Yutu2.

A nave levaba un vehículo lunar, o rover Yutu2.

Lugar de aluaxe
Lugar de aluaxe

Ó igual que as anteriores da serie Chang'e, o seu nome Chang'e 4 provén dunha lenda chinesa na que unha rapaza xove voa ata a Lúa.

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

🔥 Top keywords: