Chesús Bernal
Chesús Gregorio Bernal Bernal, nado en Valtorres, Zaragoza o 8 de xaneiro de 1960 e finado en Zaragoza o 22 de marzo de 2019, foi un político aragonés de ideoloxía nacionalista aragonesa progresista. Fundador de Chunta Aragonesista (CHA), na que desempeñou cargos de representación pública institucional e de dirección orgánica tanto dentro como fóra de Aragón.[1][2]
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Chesús Gregorio Bernal Bernal ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de xaneiro de 1960 ![]() Valtorres, España (pt) ![]() ![]() |
Morte | 22 de marzo de 2019 ![]() Zaragoza, España ![]() |
Causa da morte | cancro de páncreas ![]() |
![]() | |
xullo de 2007 – maio de 2011 Lexislatura: Q60309310 ![]() Circunscrición electoral: Zaragoza (en) ![]() | |
![]() | |
xullo de 2003 – maio de 2007 Lexislatura: Q60309277 ![]() Circunscrición electoral: Zaragoza (en) ![]() | |
![]() | |
xullo de 1999 – maio de 2003 Lexislatura: Q60309206 ![]() Circunscrición electoral: Zaragoza (en) ![]() | |
![]() | |
xullo de 1995 – maio de 1999 Lexislatura: Q60308334 ![]() Circunscrición electoral: Zaragoza (en) ![]() | |
Q62396057 ![]() | |
1986 – 1998 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Zaragoza ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político , profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Zaragoza ![]() |
Partido político | Chunta Aragonesista ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e Lingua aragonesa ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Elena Bandrés Goldáraz (–2019) |
Fillos | Chaime Bernal Bandrés, Iguázel Bernal Bandrés, Guillén Bernal Bandrés ![]() |
![]() |
Traxectoria
Chesús Bernal naceu na localidade de Valtorres, na provincia de Zaragoza. Doutor en Filoloxía Románica, foi profesor titular da Universidade de Zaragoza. Tamén foi autor de publicacións especializadas sobre cuestións literarias, filolóxicas, lingüísticas e socioculturais, da que cómpre salientar o Diccionario aragonés (Rolde, 1999) xunto a Francho Nagore. Foi membro do Rolde de Estudios Aragoneses (REA) e do Consello d'a Fabla Aragonesa (CFA).
Foi Secretario Xeral de Chunta Aragonesista (CHA), dende a súa fundación en 1986 até 1998. Dende entón e até 2012 exerceu como Secretario de Política Institucional e como Vicesecretario Xeral de CHA.
Foi deputado nas Cortes de Aragón por Zaragoza entre a IV e a VII Lexislatura (1995-2011), sendo o voceiro do seu Grupo Parlamentario durante devanditas lexislaturas.
En xaneiro de 2018, foi nomeado director dos Cursos Extraordinarios da Universidade de Zaragoza.
O 22 de marzo de 2019, faleceu en Zaragoza debido a un cancro de páncreas.[3]