Cingulados

Cingulados
Cingulata

Rango fósil: paleocenoactualidade

Glyptodon e armadillo de nove bandas (Dasypus novemcinctus)
Clasificación científica
Reino:Animalia
Subreino:Eumetazoa
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Infrafilo:Gnathostomata
Superclase:Tetrapoda
Clase:Mammalia
Subclase:Placentalia (= Eutheria)
Superorde:Xenarthra
Orde:Cingulata
Illiger, 1811
Familias, Subfamilias e Xéneros
Véxase o texto
Artigo principal: Armadillos.

A dos cingulados (Cingulata) é unha orde de mamíferos placentarios propios do continente americano, coñecidos popularmente como armadillos,[1] caracterizados por posuíren unha coiraza dorsal formada por placas xustapostas.

A orde abrangue unha única familia, a dos dasipódidos.[2]

Características

Os cingulados separáronse pouco do plano ancestral placentario, e son un grupo moi antigo, xa diferenciado no paleoceno.[3]

As especies actuais son nocturnas e escavadoras, e están protexidas por placas óseas na pel, cubertas por escudos córneos; os membos dalgúns xéneros poden enrolarse en forma de bóla.

Os dentes son numerosos (até 25 en cada mandíbula), simples, cilíndricos e uniformes, sen esmalte e con raíces abertas, e de crecemento continuo. Son insectívoros e omnívoros necrófagos.

Taxonomía

Descrición

A orde dos cingulados foi descrita en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[4]

Etimoloxía

O nome científico, Cingulata, é o nominativo plural do adxectivo do latín científico cingulatus, -a, -um, derivado do nome do latín clásico cingula, -ae, "cincha", "cinto", aludindo aos cintos de duras escamas que presentan estes animais no dorso e nos flancos.

Clasificación

Na actualidade, esta orde só conta cunha familia, a dos dasipódidos,[4] coas subfamilias e xéneros seguintes:[4]

Orde Cingulata

Armadillos xigantes

Durante o plistoceno e períodos anteriores, ademais dos modernos armadillos existiron tamén armadillos xigantes, como os gliptodontes, que se diferenciaron no eoceno superior e que tiñan un cranio e unha casca formada por moitas pezas pequenas fusionadas e, en ocasións, unha cola en forma de maza. Mostran unha notábel converxencia coas tarturugas e algúns dinosauros (anquilosauros).[3]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 338–340.
  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: