Clítoris

O clítoris é a parte eréctil do aparato sexual feminino, situado na parte superior dos labios menores da vulva. A súa función nos seres humanos é producir pracer sexual e orgasmos.

Clítoris
A anatomía do clítoris
Gray'spág.1266
ArteriaArteria dorsal do clítoris
Nervio(s)Nervio dorsal do clítoris
PrecursorTubérculo xenital
MeSHClítoris

Terminoloxía

Sobre o termo usado en galego clítoris hai varias teorías que o fan proceder do grego, ben de kleitys (outeiro ou aba), de kleitos (eminente, espléndido ou excelente) ou incluso de kleiein (pechar) ou de kleis (chave).[1] Tamén se relacionou coa palabra danesa keest (núcleo, centro).[1]Apareceu como termo anatómico no século I EC nos escritos de Rufo de Éfeso.[1]

Tanto en Oriente como en Occidente noméase con termos que o relacionan co pracer sexual e o erotismo.[2]

Orixe e estrutura

Desde unha visión androcéntrica dos xenitais, o clítoris feminino é interpretado desde o século XVII como o equivalente ao pene masculino ao ser ambos os órganos eréctiles e unha vez que a equivalencia nas mulleres do pene deixou de considerarse a vaxina.[3] Embrioloxicamente proveñen tanto o clítoris como o pene do mesmo tecido fino.

O órgano fórmase fóra do corpo cavernoso, é un tecido capilar formado por máis de 8.000 terminacións nerviosas, que serven para a estimulación sexual da muller.

O tamaño medio do clítoris vai de 8 a 10 centímetros de longo e de 3 a 6 centímetros de largo. A parte exterior do clítoris, a glande clitoridiana, está parcial ou totalmente cuberta polo prepucio, e varía grandemente dende aqueles moi reducidos (que non sobresaen do prepucio) a outros moi saíntes, pero a maior parte do clítoris está oculto. A estimulación externa de todo o clítoris pode dar lugar a unha resposta sexual máis intensa. Unha explicación do orgasmo vaxinal é que resulta da estimulación do interior do clítoris durante a penetración sexual, e o pracer ligado ao sexo é un mecanismo evolutivo que favorece a reprodución.

Recoñecemento da súa existencia

Creada por Helen O'Connell usando IRM, a primeira imaxe 3D dun clítoris en estado erecto cos órganos adxacentes do útero e a vexiga. 1 Glande do clítoris; 2 Piar ou corpo do clítoris; 3 Crus; 4 Corpos cavernosos vestibulares (bulbos); 5 Uretra; 6 Orificio vaxinal; 7 Vaxina; 8 Útero; 9 Vexiga urinaria.

A literatura médica recoñeceu a existencia do clítoris no século XVI. No ano 1559 Realdo Colombo publicou De re anatomica,[4] no que describía o asento de pracer da muller. Gabriele Falloppio reclamou ser tamén o descubridor do clítoris.

Con todo, o médico grego Galeno en De Usu Partium xa o describía. Galeno consideraba que era de utilidade para incitar ao coito, aínda que cría que a súa función era protexer a vaxina comparándoo coa protección que a úvula dá á gorxa. O seu coñecemento non se restrinxía a Occidente, Avicena tamén fixo referencia a el.Por outra banda, no século I o fisiólogo grego Rufo descríbeo con detalle e tamén o fai Sorano de Éfeso no século II.[5]

Modificación do clítoris

Véxase tamén: Ablación de clítoris.

A mutilación xenital feminina, ou ablación, consiste na extirpación total ou parcial da parte exterior do clítoris. Esta práctica é rexeitada en nome dos dereitos humanos e da protección do menor en case tódolos países, aínda que a práctica está viva en moitas sociedades tradicionais da África subsahariana e Asia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns

Chíos de Iria Veiga.


 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: