Clorita

Clorita é o nome xenérico de numerosos aluminosilicatos do grupo dos filosilicatos,[1] silicatos hidratados de aluminio con ferro e manganeso. Nalgúns deles predomina o ferro, mentres que noutros é máis importante a presenza de manganeso e doutros metais.

Clorita

Etimoloxía

O termo clorita procede do grego χλωρος, chlōros, "verde", en alusión á cor predominante en todos os minerais deste grupo.[2]

Orixe

Son minerais de orixe metamórfica,[1] que cristalizan no sistema monoclínico e que se encontran en forma de láminas flexíbeis de cor verde. Fórmanse por transformación ou alteración da auxita, a biotita e a hornblenda.[3]

Minerais do grupo das cloritas

Os minerais máis comúns do grupo son o clinocloro, a pennantita, a filita e a chamosita, aínda que se describiron gran número deles.[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: