Compañía de Xesús
A Compañía de Xesús (en latín Societas Iesu, S.I.) é unha orde relixiosa católica fundada por Ignacio de Loiola, que despois foi canonizado como Santo Ignacio de Loiola.
Compañía de Xesús Societas Iesu | |
---|---|
Selo da Compañía de Xesús | |
Historia | |
Fundador | Santo Ignacio de Loiola |
Goberno e estrutura | |
Prepósito Xeneral | Adolfo Nicolás Pachón |
Membros | 17,287 (xaneiro de 2013)[1] |
Outros datos | |
Páxina web | sjweb.info |
Traxectoria
Fundada o 15 de agosto de 1534 en París,[2][3] e aprobada pola igrexa en 1540 por medio da bula Regimini Militantis Ecclesiae do papa Paulo III,[3] é unha orde apostólica que concreta a súa misión polo servizo da fe e a promoción da xustiza.
Os membros desta orde coñécense popularmente como os xesuítas. Con 20.000 membros, é a orde máis grande da Igrexa Católica da actualidade. A súa estrita formación de máis de dez anos (estudan filosofía e teoloxía, ademais de realizar "prácticas" de diversa natureza e estudar diferentes linguas) fixo que se convertesen durante máis de catro séculos nos líderes intelectuais do catolicismo. Os xesuítas realizan os tres votos habituais da vida relixiosa (obediencia, pobreza e castidade), pero ademais, suman outro voto de obediencia ao Papa. A Compañía de Xesús foi unha organización relixiosa que sempre viviu entre a loanza e a crítica, mais sempre na polémica.
Galería de imaxes
- Santo Ignacio de Loiola.
- Basílica de Loyola, en Azpeitia (Guipúscoa).
- Historia de las missiones que han hecho los religiosos de la Compañia de Iesus, para predicar el sancto euangelio en la India Oriental, y en los reynos de la China y Iapon (Luis de Guzmán, 1601).