Paulo III, papa
Paulo III, nado como Alessandro Farnese en Canino o 29 de febreiro de 1468 e finado en Roma o 10 de novembro de 1549, foi Papa o 13 de outubro de 1534 ata a data da súa morte.[1][2]
Traxectoria
Recibiu educación de grandes mestres humanistas en Roma e Florencia. Durante o pontificado de Alexandre VI, e con gran tacto político e moita experiencia, o cardeal chegou moi novo (20 de setembro de 1493).[3]
Durante o seu pontificado, Michelangelo executou a pintura do Xuízo Final no altar da Capela Sistina, obra realizada entre 1535 e 1541, encargada polo seu predecesor, Clemente VII.[4]
Morte
Pouco despois do final do primeiro período do Concilio (1545-1547), o papa Paulo III morreu de súpeto o 10 de novembro de 1549. Padeceu unha febre violenta e morreu rapidamente no Palacio do Quirinale, aos 81 anos. Os seus restos descansan na basílica de San Pedro, nunha tumba de Guglielmo della Porta.[5]