Copa de Europa de rugby 2010-2011

A tempada 2010-2011 da Heineken Cup foi a 16ª edición da máxima competición continental do rugby europeo, e na cal se proclamou campión de Europa por segunda vez o Leinster Rugby irlandés.

Modelo:Competición deportivaCopa de Europa de rugby 2010-2011
TipoCopa de Campións Europea de Rugby Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorEuropean Rugby Cup Editar o valor em Wikidata
Liña de metaCardiff Editar o valor em Wikidata
Número de participantes24 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 2010-2011 Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo10 de agosto de 2010 – 21 de maio de 2011 Editar o valor em Wikidata
Número de edición16 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoLeinster Rugby (2º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos79 Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores1.139.427 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialepcrugby.com… Editar o valor em Wikidata

2009 Editar o valor em Wikidata
2011Editar o valor em Wikidata

Como viña sendo habitual nos últimos anos, 24 foron os equipos participantes, divididos en 6 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, que é a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, viñeron os cuartos de final e semifinais, a partido único, e a final. A primeira xornada foi o día 8 de outubro do 2010, e a gran final se disputou o 21 de maio do 2011, no Millennium Stadium de Cardiff.

O equipo defensor do título obtido na tempada anterior era Stade Toulousain, que acadara por 4ª ocasión o torneo na tempada 2009-10 vencendo na final a Biarritz Olympique.

Este ano Francia achegou 7 equipos ó torneo, Inglaterra 6, Gales 4, Irlanda 3, Escocia 2 e Italia 2.

Países con equipos nesta Heineken Cup

Calendario

XornadasDatas
8-9 de outubro de 2010
15-16 de outubro de 2010
11-12 de decembro de 2010
18-19 de decembro de 2010
15-16 de xaneiro de 2011
22-23 de xaneiro de 2011
Cuartos9-10 de abril de 2011
Semis30 de abril-1 de maio de 2011
Final21 de maio de 2011

A Heineken Cup é a máxima competición a nivel de clubs do rugby europeo, e para que os resultados na mesma non se viran afectados pola ausencia de xogadores importantes, o calendario desta tempada estivo condicionado pola disputa dos Tests Internacionais de Outono entre as seleccións do Hemisferio Sur que visitaron as seleccións do Hemisferio Norte. Así, durante o mes de novembro fíxose unha paréntese na competición. Ademais, nos meses de febreiro e marzo do 2011 tivo lugar o Torneo das Seis Nacións de rugby, e polo tanto neses 2 meses tampouco se disputou ningún encontro da Heineken Cup.

Equipos

Este ano Francia tivo 7 equipos no torneo xa que o ano anterior fora campión un equipo deste país, o Stade Toulousain. Dos 24 equipos participantes, 3 deles participaban este ano por primeira vez nesta competición: RC Toulon, Racing Metro 92 e Aironi Rugby, o equipo italiano que foi creado este ano.

Inglaterra (6) Francia (7) Gales (4) Irlanda (3) Escocia (2) Italia (2)
Leicester TigersStade ToulousainCardiff BluesMunster RugbyEdinburgh RugbyBenetton Treviso
London WaspsBiarritz OlympiqueOspreysLeinster RugbyGlasgow WarriorsAironi Rugby
Northampton SaintsASM Clermont AuvergneLlanelli ScarletsUlster Rugby
Bath RugbyUSA PerpignanNewport Dragons
London IrishCastres Olympique
SaracensRC Toulon
Racing Metro 92

Resultados

Fase de grupos

EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus-1 Northampton256600102 Cardiff146303023 Castres116204034 Edinburgh8610504A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos.

Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.

En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.

Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___
1Northampton18-14CastresDatos[Ligazón morta]
1Cardiff18-17EdinburghDatos[Ligazón morta]
2Castres27-20CardiffDatos[Ligazón morta]
2Edinburgh27-31NorthamptonDatos[Ligazón morta]
3Northampton23- 15CardiffDatos[Ligazón morta]
3Castres21- 16EdinburghDatos[Ligazón morta]
4Edinburgh24-22CastresDatos[Ligazón morta]
4Cardiff19-23NorthamptonDatos[Ligazón morta]
5Cardiff14-9CastresDatos
5Northampton30-0EdinburghDatos
6Castres12-23NorthamptonDatos
6Edinburgh14-21CardiffDatos
EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus-1 Leinster246501312 Clermont196402213 Racing Metro96204014 Saracens6610502A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos.

Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.

En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.

Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___
1Leinster38-22Racing MetroDatos[Ligazón morta]
1Clermont25-10SaracensDatos[Ligazón morta]
2Racing Metro16-9ClermontDatos[Ligazón morta]
2Saracens23-25LeinsterDatos[Ligazón morta]
3Saracens21-24Racing MetroDatos[Ligazón morta]
3Clermont20-13LeinsterDatos[Ligazón morta]
4Racing Metro14-19SaracensDatos[Ligazón morta]
4Leinster24-8ClermontDatos[Ligazón morta]
5Clermont28-17Racing MetroDatos
5Leinster43-20SaracensDatos
6Racing Metro11-36LeinsterDatos
6Saracens14-24ClermontDatos
EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus-1 Toulon176402102 Munster166303223 Ospreys146303024 Irish9620401A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos.

Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.

En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.

Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___
1Toulon19-14OspreysDatos[Ligazón morta]
1Irish23-17MunsterDatos[Ligazón morta]
2Ospreys27-16IrishDatos[Ligazón morta]
2Munster45-18ToulonDatos[Ligazón morta]
3Munster22-16OspreysDatos[Ligazón morta]
3Irish13-19ToulonDatos[Ligazón morta]
4Ospreys19-15MunsterDatos
4Toulon38-17IrishDatos[Ligazón morta]
5Irish24-12OspreysDatos
5Toulon32-16MunsterDatos
6Munster28-14IrishDatos
6Ospreys29-17ToulonDatos
EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus-1 Biarritz226402422 Ulster226501203 Bath146204244 Aironi4610500A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos.

Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.

En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.

Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___
1Ulster30-6AironiDatos[Ligazón morta]
1Bath11-12BiarritzDatos[Ligazón morta]
2Aironi6-22BathDatos[Ligazón morta]
2Biarritz35-15UlsterDatos[Ligazón morta]
3Ulster22-18BathDatos[Ligazón morta]
3Aironi28-27BiarritzDatos[Ligazón morta]
4Biarritz34-3AironiDatos[Ligazón morta]
4Bath22-26UlsterDatos[Ligazón morta]
5Bath55-16AironiDatos
5Ulster9-6BiarritzDatos
6Aironi6-43UlsterDatos
6Biarritz26-19BathDatos
EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus-1 Perpignan226411402 Leicester226411313 Scarlets156303304 Treviso1600601A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos.

Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.

En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.

Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___
1Benetton29-34LeicesterDatos[Ligazón morta]
1Scarlets43-34PerpignanDatos[Ligazón morta]
2Perpignan35-14BenettonDatos[Ligazón morta]
2Leicester46-10ScarletsDatos[Ligazón morta]
3Perpignan24-19LeicesterDatos[Ligazón morta]
3Scarlets35-27BenettonDatos[Ligazón morta]
4Benetton15-38ScarletsDatos
4Leicester22-22PerpignanDatos[Ligazón morta]
5Benetton9-44PerpignanDatos
5Scarlets18-32LeicesterDatos
6Leicester62-15BenettonDatos
6Perpignan37-5ScarletsDatos
EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus-1 Toulouse226501112 Wasps196402213 Glasgow126303004 Newport2600602A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos.

Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.

En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.

Ó remate da fase de grupos, os 6 equipos clasificados en primeiro lugar pasaron directamente á fase de cuartos de final, así coma os 2 mellores equipos restantes.

Play Offs

Os cuartos de final se xogaron o 9 e 10 de abril a partido único na casa dos 4 equipos con mellor puntuación final na fase de grupos.

O equipo franco-catalán de Perpignan xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio Olímpico Lluís Company de Barcelona diante de 55.000 seareiros, mentres que o equipo vasco-francés de Biarritz xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio de Anoeta da cidade de Donostia diante de 32.500 persoas.

As semifinais se xogaron os días 30 de abril e 1 de maio, con resultados a prol dos dous equipos locais, Northampton Saints e Leinster Rugby, que disputaron a final da Heineken Cup o 21 de maio no Millennium Stadium de Cardiff, en Gales. Ámbolos dous equipos xa foran campións de Europa unha vez.

Northampton Saints gañou a súa única Heineken Cup na edición 1999-2000 fronte a un equipo irlandés, Munster Rugby. Pola súa banda Leinster Rugby tamén sabe o que é gañar unha Heineken Cup. Fíxoo na edición 2008-2009 fronte a un equipo inglés, Leicester Tigers.

O escenario da final foi o Millennium Stadium de Cardiff, en Gales.
Cuartos de finalSemifinalFinal
          
    
 Northampton Saints 23
 Ulster Rugby 13 
 Northampton Saints 23
  USA Perpignan 7 
 USA Perpignan 29
 RC Toulon 25 
 Northampton Saints  22
  Leinster Rugby  33
 Leinster Rugby 17
 Leicester Tigers 10 
 Leinster Rugby 32
  Stade Toulousain 23 
 Biarritz Olympique 20
 Stade Toulousain 27 


Final

Final
CompeticiónHeineken Cup
Tempada2010-11
EstadioMillennium Stadium (Cardiff)
Capacidade72.456
CampiónLeinster Rugby
FinalistaNorthampton Saints
Resultado33 - 22
Campión


Finalista


A final disputouse no Millennium Stadium de Cardiff o día 21 de maio de 2011. Se enfrontaban o Leinster Rugby e o Northampton Saints nunha final inédita. Os irlandeses tiñan o obxectivo de acadar o seu 2º título en 3 anos, e os ingleses o 2º título 11 anos despois do primeiro. Ningún dos dous equipos tiña no seu palmarés unha derrota nunha final da Heineken Cup.

O camiño de ámbolos dous equipos ata chegar á final foi duro. Leinster Rugby tivo que eliminar a Leicester Tigers en cuartos de final e a Stade Toulousain nas semifinais. Northampton Saints enfrontouse a Ulster Rugby en cuartos de final e a USA Perpignan nas semifinais.

O francés Romain Poite foi elixido para arbitrar a final, que comezou ás 17:00 horas.

O encontro estivo dominado totalmente por Northampton Saints na primeira metade da final, que chegou ao tempo de descanso cunha vantaxe de 22 a 6 sobre Leinster Rugby, grazas a 3 ensaios de Phil Dowson, Ben Foden e Dylan Hartley. Foi o zagueiro inglés de Northampton Saints, Ben Foden, o xogador mais destacable desta primeira metade do encontro.

Non obstante, na segunda metade o equipo de Dublín reaccionou anotando 27 puntos seguidos e deixando a cero ó conxunto inglés. O apertura irlandés de Leinster Rugby, Jonathan Sexton, acadou o nomeamento de man-of-the-match pola súa actuación na segunda metade do encontro, na que dirixiu con éxito ó seu equipo e anotou 2 ensaios, 3 conversións e 2 golpes de castigo.[1] A estrela do conxunto irlandés, Brian O'Driscoll, pasou desapercibido no encontro.

Esta vitoria por 33 a 22 supuxo o 2º título de campión de Europa para Leinster Rugby, repetindo o éxito da edición 2008-09, e o 4º para un equipo irlandés nos últimos 6 anos.

No Millennium Stadium de Cardiff houbo 72.456 seareiros de ámbolos dous equipos, ateigando as bancadas do estadio.

Nese mesmo fin de semana se disputou a final da Amlin Challenge Cup (segunda competición continental) tamén en Cardiff, aínda que non no Millennium Stadium, senón no Cardiff City Stadium diante de 12.236 seareiros, e na cal se enfrontaron Harlequins e Stade Français. O resultado final foi 19 - 18 a prol do equipo de Londres.

Máximos Anotadores

De ensaios
PosXogador[3]ENSAIOSEquipoPosición
Paul Diggin6NorthamptonAla
Matt Banahan5BathAla
-Tommaso Benvenuti5BenettonCentro
-Takudzwa Ngwenya5BiarritzAla
-Tom Biggs5BathAla
-Tierry Dusautoir5Toulouse3ªLiña
-Johnny Sexton5LeinsterApertura
Balón da Heineken Cup na tempada 2010/11

Véxase tamén

Outros artigos
Ligazóns externas
Tempadas da Heineken Cup/Champions Cup
1995/96 - 1996/97 - 1997/98 - 1998/99 - 1999/00 - 2000/01 - 2001/02 - 2002/03 - 2003/04 - 2004/05 - 2005/06 - 2006/07 - 2007/08 - 2008/09 - 2009/10 - 2010/11 - 2011/12 - 2012/13 - 2013/14 - 2014/15 - 2015/16 - 2016/17 - 2017/18 - 2018/19
🔥 Top keywords: