David Aganzo

futbolista español

David Aganzo Méndez, coñecido habitualmente como Aganzo, nado en Leganés (Madrid) o 10 de xaneiro de 1981, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid que xoga como dianteiro.

David Aganzo
Información persoal
NomeDavid Aganzo Méndez
Nacemento10 de xaneiro de 1981 (43 anos)
Lugar de nacementoMadrid
Altura1,77 m
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
Real Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1999–2000Real Madrid C
2000–2004Real Madrid4(0)
2000–2001Extremadura (ces.)16(5)
2001–2002Espanyol (ces.)11(0)
2002–2003Valladolid (ces.)30(9)
2003–2004Levante (ces.)33(9)
2004–2007Racing Santander49(10)
2006→ Beitar Jer. (ces.)12(3)
2007–2008Alavés30(11)
2008–2011Rayo Vallecano72(28)
2011–2012Hércules21(2)
2012–2014Aris38(12)
2014–2015Lugo11(3)
Selección nacional
1997–1998España Sub-1611(5)
1998–1999España Sub-178(6)
1999–2000España Sub-187(2)
1999–2001España Sub-204(0)
2000–2003España Sub-2113(3)
Na rede
Twitter: davidaganzo FIFA: 177867 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 18 de xaneiro de 2015editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nado en Leganés, Madrid, Aganzo é froito da canteira do Real Madrid, onde pasou desde o equipo xuvenil directamente ao primeiro equipo, sen ter xogado antes nin en Segunda nin en Terceira. Así, debutaría co primeiro equipo madridista en Primeira división na tempada 1999-2000 o 20 de febreiro nun encontro en Mestalla ante o Valencia CF que remataría con empate 1-1. Ese ano acabaría xogando catro partidos de liga e un da Liga de Campións, concretamente na vitoria do seu equipo por 1-0 ante o Rosenborg Ballklub. Ese mesmo ano Aganzo engade ao seu palmarés o máximo título continental.

Nos seguintes anos sería cedido a outros clubs de Primeira División, o u de Segunda con aspiracións de ascenso: CF Extremadura, RCD Espanyol, Real Valladolid[1] e Levante UD. Co Valladolid, en Primeira, sería o máximo goleador do equipo esa tempada, mentres que ao ano seguinte sería peza clave no ascenso do Levante á Primeira División. Ao ano seguinte Aganzo deixa de ser xogador do Real Madrid e asina co Racing de Santander da máxima categoría, onde pese a destacar no primeiro ano, por mor das lesións sería menos habitual nos dous seguintes, onde mesmo foi cedido temporalmente ao Beitar Xerusalén FC en xaneiro.

Na seguinte tempada, Aganzo deixa o Racing e asina co Deportivo Alavés da Segunda División, contribuíndo con 10 goles a axudar á permanenecia do conxunto vasco. Ao ano seguinte asinaría co Rayo Vallecanoda mesma categoría, onde permanecería durante tres tempadas, chegando a meter 12 goles en tan só 30 partidos para os madrileños. Tras tres tempadas no conxunto de Vallecas, Aganzo ficha polo Hércules CF, aínda que unha tempada farta de lesión evita que poida dar o seu máximo nivel. Tras acabar a tempada no club alacantino marcha a Grecia para asinar co Aris Salónica, onde metería un total de 12 goles en 38 partidos na máxima categoría helena. Tras final o seu contrato co equipo mecedónico, asina o 18 de agosto de 2014 co Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Clubs

AnoClubDivisiónPartidosGoles
1999-2000Real MadridPrimeira40
2000-2001CF ExtremaduraSegunda165
2001-2002RCD EspanyolPrimeira110
2002-2003Real ValladolidPrimeira309
2003-2004Levante UDSegunda339
2004-2005Racing de SantanderPrimeira267
2005-2006Racing de SantanderPrimeira173
2006-2007Racing de SantanderPrimeira60
2006Beitar XerusalénPremier Israel123
2007-2008Deportivo AlavésSegunda3011
2008-2009Rayo VallecanoSegunda3012
2009-2010Rayo VallecanoSegunda199
2010-2011Rayo VallecanoSegunda237
2011-2012Hércules CFSegunda192
2012-2013Aris FCSuperliga Grecia219
2013-2014Aris FCSuperliga Grecia173
2014-2015CD LugoSegunda113

Títulos

Real Madrid
Selección española
  • Copa do Mundo de Fútbol Sub-20: 1999

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: