Deportienda

A Deportienda é a tenda oficial do Deportivo da Coruña, onde se venden os seus produtos oficiais. Actualmente hai tres tendas, na cidade da Coruña, ademais da tenda en liña.

Vista da Deportienda do estadio de Riazor.

Historia

O 5 de maio de 2000 estreouse a páxina web da Deportienda, dende a que se podían comprar os seus produtos de maneira online.[1]

A primeira Deportienda inaugurouse o 7 de agosto de 2001 nos novos locais comerciais resultantes das obras de ampliación na bancada de Tribuna do Estadio Municipal de Riazor. Accédese a ela dende a rúa de Manuel Murguía, na cidade da Coruña.[2]

O 21 de agosto de 2014 inaugurouse a segunda tenda, no centro comercial Marineda City, tamén na cidade da Coruña. Ten unha superficie de máis de 100 metros cadrados.[3]

O 31 de maio de 2019 o club abriu a súa terceira tenda, na céntrica rúa Real da Coruña, dun tamaño menor que as outras dúas tendas oficiais.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas