Desmodus rotundus

especie de morcego

O Desmodus rotundus é unha especie de pequeno morcego orixinario de América Latina. É unha das tres especies existentes de morcego vampiro, sendo as outras dúas Diphylla ecaudata e Diaemus youngi. Esta especie practica a hematofaxia, alimentándose principalmente de sangue do gando. O morcego achégase á súa presa pola noite mentres dorme. Despois usa os seus afiados dentes para cortar a pel dos seus hóspedes e lamber o seu sangue coa súa longa lingua.

Desmodus rotundus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Chiroptera
Suborde:Microchiroptera
Superfamilia:Noctilionoidea
Familia:Phyllostomidae
Subfamilia:Desmodontinae
Xénero:Desmodus
Wied-Neuwied, 1826
Especie:D. rotundus
Nome binomial
Desmodus rotundus
É.Geoffroy, 1810[2]
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.

A especie é polixínica, cun macho dominante defendendo grupos de femias. É unha das especies de morcegos máis sociais debido ó seu alto número de comportamentos cooperativos, como o aseo social ou distribución de alimentos. Debido a que se alimenta do gando e a que é portador da rabia, este morcego considérase unha praga. O seu status de conservación está clasificado como pouco preocupante pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) debido á "súa ampla distribución, a unha gran tolerancia da poboación a certo grao de modificación do hábitat, e porque é pouco probable que estea disminuíndo á velocidade requirida para cualificar para a inclusión nunha categoría ameazada."[1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: