Drosofílidos

(Redirección desde «Drosophilidae»)
Drosofílidos

Drosophila sp.
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Clase:Insecta
Orde:Diptera
Suborde:Brachycera
Sección:Schizophora
Subsección:Acalyptratae
Superfamilia:Ephydroidea
Familia:Drosophilidae
Róndani, 1856
Subfamilia
  • Drosophilinae
  • Steganinae

Os drosofílidos (Drosophilidae) son unha familia de dípteros (moscas) diversa e cosmopolita, denominadas "moscas da froita" ou "do vinagre" (as moscas doutra familia, a Tephritidae, tamén se denominan moscas da froita, e non se deben confundir con estas). A especie máis coñecida da familia Drosophilidae é Drosophila melanogaster, que se utiliza amplamente como organismo modelo en estudos de xenética, desenvolvemento, fisioloxía, ecoloxía e comportamento. Estas moscas teñen unhas vidas moi curtas e presentan un envellecemento gradual. Identificáronse varios xenes que poden manipularse para ampliar a vida destes insectos.

Importancia económica

En xeral estas moscas considéranse unha molestia, pero raramente unha praga, xa que a maioría das especies crían sobre vexetais podres. A especie Zaprionus indianus Gupta é pouco usual entre as Drosophilidae porque é unha praga importante para as colleitas comerciais de figos no Brasil.[1] Outra especie, Drosophila suzukii, infesta froitos de pel fina como framboesas e cereixas e pode ser unha praga agrícola importante.[2] As larvas de Drosophila repleta habitan desaugadoiros e poden espallar bacterias. Estas moscas da froita considéranse en xeral un vector común na propagación de bacterias do ácido acético[3] na natureza, o cal a miúdo estraga o proceso de fermentación alcohólica e pode arruinar o viño e a cervexa ao avinagralos.

Identificación

Entre os caracteres diagnósticos das Drosophilidae están a presenza dunha vea subcostal incompleta, dúas interrupcións na vea costal, e unha pequena cela anal na á; sedas postocelares converxentes; e xeralmente tres sedas frontais a cada lado da cabeza, unha dirixida cara a adiante e as outras dúas dirixidas cara a atrás. Unha lista máis exhaustiva de características para a identificación poden atoparse en "Drosophila: A Guide to Species Identification and Use" de Therese A. Markow e Patrick O'Grady, (Academic Press, 2005) ISBN 0-12-473052-3, ou en "Drosophila: A Laboratory Handbook" de M. Ashburner, K. Golic, S. Hawley, (Cold Spring Harbor Laboratory Press, 2005).

Comportamento

Cando estas moscas ven femias de avespas endoparasitoides, pasan a poñer os seus ovos en froitas podres que conteñen alcohol; o cal as protexe de converterse en hóspedes das larvas da avespa, xa que estas teñen unha baixa tolerancia ao alcohol.[4]

Filoxenia

Probóscide.
Vista frontal.
Vista lateral.
Ollo composto.

A familia contén máis de 4.000 especies clasificadas en 75 xéneros. Recentemente, publicouse unha clasificación filoxenética comprensiva dos xéneros baseada tanto en caracteres morfolóxicos coma moleculares.[5]

  • Subfamilia Drosophilinae Rondani, 1856:
    • Tribo Colocasiomyini Okada, 1989:
      • Xénero Baeodrosophila Wheeler & Takada, 1964
      • Xénero Balara Bock, 1982
      • Xénero Chymomyza Czerny, 1903
      • Xénero Colocasiomyia de Meijere, 1914
      • Xénero Lissocephala Malloch, 1929
      • Xénero Neotanygastrella Duda, 1925
      • Xénero Phorticella Duda, 1924
      • Xénero Scaptodrosophila Duda, 1923
      • Xénero Protochymomyza Grimaldi, 1987
    • Tribo Drosophilini Okada, 1989:
      • Xénero Arengomyia Yafuso & Toda, 2008
      • Xénero Bialba Bock, 1989
      • Xénero Calodrosophila Wheeler & Takada, 1964
      • Xénero Celidosoma Hardy, 1965
      • Xénero Collessia Bock, 1982
      • Xénero Dettopsomyia Lamb, 1914
      • Xénero Dichaetophora Duda, 1940
      • Xénero Dicladochaeta Malloch, 1932
      • Xénero Drosophila Fallén, 1823
      • Xénero Hirtodrosophila Duda, 1923
      • Xénero Hypselothyrea Okada, 1956
      • Xénero Idiomyia Grimshaw, 1901 (Hawaiian Drosophila)
      • Xénero Jeannelopsis Séguy, 1938
      • Xénero Laccodrosophila Duda, 1927
      • Xénero Liodrosophila Duda, 1922
      • Xénero Lordiphosa Basden, 1961
      • Xénero Microdrosophila Malloch, 1921
      • Xénero Miomyia Grimaldi, 1987
      • Xénero Mulgravea Bock, 1982
      • Xénero Mycodrosophila Oldenberg, 1914
      • Xénero Palmomyia Grimaldi, 2003
      • Xénero Paraliodrosophila Duda, 1925
      • Xéneros Paramycodrosophila Duda, 1924
      • Xénero Poliocephala Bock, 1989
      • Xénero Samoaia Malloch, 1934
      • Xénero Scaptomyza Hardy, 1849
      • Xénero Sphaerogastrella Duda, 1922
      • Xénero Styloptera Duda, 1924
      • Xénero Tambourella Wheeler, 1957
      • Xénero Zaprionus Coquillett, 1902
      • Xénero Zaropunis Tsacas, 1990
      • Xénero Zapriothrica Wheeler, 1956
      • Xénero Zygothrica Wiedemann, 1830
    • Incertae sedis:
      • Xénero Marquesia Malloch, 1932
  • Subfamilia Steganinae Hendel, 1917:
    • Tribo Gitonini Grimaldi, 1990:
      • Xénero Allopygaea Tsacas, 2000
      • Xénero Acletoxenus Frauenfeld, 1868
      • Xénero Amiota Loew, 1862
      • Xénero Apenthecia Tsacas, 1983
      • Xénero Apsiphortica Okada, 1971
      • Xénero Cacoxenus Loew, 1858
      • Xénero Crincosia Bock, 1982
      • Xénero Electrophortica Hennig, 1965
      • Xénero Erima Kertész, 1899
      • Xénero Gitona Meigen, 1830
      • Xénero Hyalistata Wheeler, 1960
      • Xénero Luzonimyia Malloch, 1926
      • Xénero Mayagueza Wheeler, 1960
      • Xénero Paracacoxenus Hardy & Wheeler, 1960
      • Xénero Paraleucophenga Hendel, 1914
      • Xénero Paraphortica Duda, 1934
      • Xénero Phortica Schiner, 1862
      • Xénero Pseudiastata Coquillett, 1901
      • Xénero Pseudocacoxenus Duda, 1925
      • Xénero Rhinoleucophenga Hendel, 1917
      • Xénero Soederbomia Hendel, 1938
      • Xénero Trachyleucophenga Hendel, 1917
    • Tribo Steganini Okada, 1989:
      • Xénero Eostegana Hendel, 1913
      • Xénero Leucophenga Mik, 1866
      • Xénero Pararhinoleucophenga Duda, 1924
      • Xénero Parastegana Okada, 1971
      • Xénero Pseudostegana Okada, 1978
      • Xénero Stegana Meigen, 1830
    • Incertae sedis:
      • Xénero Neorhinoleucophenga Duda, 1924
      • Xénero Pyrgometopa Kertész, 1901

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: