Eclampsia

Eclampsia é a aparición de convulsións nunha muller con preeclampsia.[1] É unha perturbación do embarazo en que se verifica hipertensión arterial, cantidade elevada de proteínas no sangue ou outras disfuncións en órganos[2][3]. A condición pode aparecer antes, durante ou tras o parto. É máis común durante o segundo trimestre do embarazo. As convulsións son do tipo tónico-clónico e duran de media un minuto. Tras as convulsións ocorre xeralmente un período de confusión ou coma. As complicacións inclúen pneumonía por aspiración, hemorraxia cerebral, insuficiencia renal e parada cardiorrespiratoria. A preeclampsia e a eclampsia forman parte dun grupo maior de condicións denominado perturbacións hipertensivas no embarazo.[1]

Eclampsia
Clasificación e recursos externos
DiseasesDB4068
MedlinePlus000899
eMedicinemed/1905 emerg/796
MeSHD004461
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As recomendacións de prevención inclúen a administración de aspirina en persoas de risco elevado, suplementos de calcio en rexións onde o consumo é baixo e tratamento da hipertensión anterior ao embarazo con medicación.[4][5] O exercicio físico durante o embarazo pode tamén ser benéfico.[1] A administración de sulfato de magnesio por vía intravenosa ou muscular mellora o prognóstico en persoas con eclampsia e é xeralmente seguro, tanto en países desenvolvidos como en vías de desenvolvemento.[6][7] No entanto, o tratamento pode necesitar de respiración asistida. Entre outros posíbeis tratamentos están medicamentos para a hipertensión, como a hidralazina, e o parto de emerxencia do bebé, quer por vía vaxinal ou por cesárea.[1]

Estímase que a preeclampsia afecte o 5% dos nacementos e a eclampsia o 1,4% dos nacementos.[8] Nos países desenvolvidos, a prevalencia é de 1 caso en cada 2000 nacementos debido aos mellores coidados de saúde.[1] As perturbacións hipertensivas do embarazo son unha das causas máis comúns de morte durante a gravidez.[9] En 2013 provocaron a morte a 29 000 persoas, unha diminución en relación ás 37 000 en 1990.[10]Cerca dunha en cada cen mulleres con eclampsia morre. A palabra eclampsia ten orixe no termo grego para o lóstrego. A primeira descrición coñecida da doenza foi feita por Hipócrates no século V a.C.[11]

Notas

🔥 Top keywords: