Preeclampsia

A preeclampsia é unha complicación médica do embarazo, tamén chamada toxemia do embarazo, e asóciase a hipertensión inducida durante o embarazo e a elevados niveis de proteína nos ouriños (proteinuria).[1] Debido a que a preeclampsia se refire a un cadro clínico ou conxunto sintomático, no canto dun factor causal específico, estableceuse que pode haber varias etioloxías para o trastorno. É posible que exista un compoñente na placenta que cause disfunción endotelial nos vasos sanguíneos maternos de mulleres susceptibles.[2] Aínda que o signo máis notorio da enfermidade é unha elevada presión arterial, pode desembocar nunha eclampsia, con dano ó endotelio materno, riles e fígado. O único tratamento é o parto, sendo a indución do parto ou a cesárea os procedementos máis comúns. Pode aparecer até seis semanas posparto. É a complicación do embarazo máis común e perigosa, polo que debe diagnosticarse e tratarse axiña, xa que en casos graves pon en perigo a vida do feto e da nai.Caracterízase polo aumento da tensión arterial (hipertensión) xunto ó de proteínas nos ouriños (proteinuria), así como edemas nas extremidades.

Preeclampsia
Clasificación e recursos externos
A microfotografía amosa unha vasculopatía decidual hipertrófica, un achado histolóxico durante a hipertensión xestacional - un compoñente da preeclampsia. Coloración H&E.
DiseasesDB10494
MedlinePlus000898
eMedicineped/1885
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Notas

🔥 Top keywords: