Economía de Angola

O alto índice de crecemento da economía de Angola en anos recentes deveuse ós elevados prezos internacionais do petróleo. O país tornouse un membro da OPEP o 2006, e a súa produción diaria de petróleo atinxe os 1,65 millóns de barrís.[1] A súa economía é unha das que crece mai rapidamente en África e no mundo.

Economía de Angola
Moedakwanza
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB130,4 mil millóns (2012)
Posición do PIB66ª no mundo[2]
Crecemento do PIB8,4% (2012)
PIB per cápita6 500 (2012)
PIB por sectoragricultura 10,2%, industria 61,4%, servizos 28,4% (2011)
Inflación10,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo8.468.000 (2012)
Forza de traballo por sectoragricultura 85%, industria e servizos 15% (2003)
Desempregodato non dispoñíbel
Industriaspetróleo; diamante, extracción de ferro, fosfato, feldespato, bauxita, uranio e ouro; cemento; produtos básicos de metal; procesamento de peixe, procesamento de alimentos, cervexa, tabaco, azucre; téxtiles
Parcerías comerciais[1]
Exportacións69,26 mil millóns (2012)
Produtos de exportaciónpetróleo, diamante, derivados do petróleo, café, sisal, peixe e produtos de peixe, madeira, algodón
Principais mercadosA República Popular da China 45,8%, os Estados Unidos 13,7%, a India 11% e Suráfrica 4,1% (2012) (2012)
Importacións22,86 mil millóns (2012)
Principais produtos importadosmáquinas e equipamentos eléctricos, vehículos e pezas, fármacos, alimentos, téxtiles, equipamento militar
Finanzas públicas[1]
Débeda externa21,78 mil millóns (2012)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible
Avenida 4 de Fevereiro en Luanda, a capital de Angola.

Con todo, malia gozar duns bos indicadores de crecemento nos últimos anos, a clasificación do país nos índices internacionais de desenvolvemento humano (148ª posición no mundo en IDH, co 54,8% da poboación en pobreza extrema[3]) non é boa, o que pon de manifesto que a riqueza petrolera está concentrada nuns poucos membros da elite política, mentres que a maioría da poboación atópase sumida na máis absoluta pobreza. Mostra deste contraste, en 2009, a capital angolana (Luanda), superou a Toquio como a cidade máis cara do mundo, mentres que dous terzos da poboación vivían con menos de dous dólares ao día.[4]

Exceptuando os sectores de petróleo diamantes, os demais foron moi perxudiados polos 26 anos de guerra civil.[1] Desde o 2005, o goberno ten utilizado créditos de axuda da República Popular da China, Brasil, Portugal, Alemaña, España e toda a UE na reconstrución da súa infraestrutura.[1]

Angola concluíu en marzo de 2012 un acordo co FMI para financiar axustes macroeconómicos e contribuír ao aumento dos seus reservas internacionais. Os compromisos angolanos concretáronse nun axuste fiscal, política monetaria restritiva e reforzamento do sistema bancario e financeiro local. O importe da devandita facilidade financeira foron equivalentes a 1.400 millóns de dólares.[5]

Notas

🔥 Top keywords: