Unión Africana

A Unión Africana (UA) é unha unión continental formada por 55 estados membros situados no continente africano. A UA foi anunciada na Declaración de Sirte en Sirte, Libia, o 9 de setembro de 1999, na que se pedía a creación da Unión Africana. O bloque fundouse o 26 de maio de 2001 en Adís Abeba (Etiopía), e púxose en marcha o 9 de xullo de 2002 en Durban (Suráfrica).[1] A intención da UA era substituír a Organización da Unidade Africana (OUA), creada o 25 de maio de 1963 en Adís Abeba por 32 gobernos signatarios; a OUA disolveuse o 9 de xullo de 2002. As decisións máis importantes da UA tómanse na Asemblea da Unión Africana, unha reunión semestral dos xefes de Estado e de goberno dos seus Estados membros.

Modelo:Xeografía políticaUnión Africana
Imaxe

HimnoLet Us All Unite and Celebrate Together (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«A United and Strong Africa»
«Une Afrique unie et forte» Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 9°00′03″N 38°44′31″L / 9.0008, 38.741938°44′31″L / 9.0008, 38.7419
CapitalAdís Abeba Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua inglesa
árabe
lingua francesa
lingua portuguesa
linguas de África
lingua castelá
Lingua suahili Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación9 de setembro de 1999 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoParlamento Pan-africano (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata

Páxina webau.int Editar o valor em Wikidata
Facebook: AfricanUnionCommission Twitter: _AfricanUnion Flickr: 75075713@N06 Editar o valor em Wikidata

A secretaría da UA, a Comisión da Unión Africana, ten a súa sede en Adís Abeba. A maior cidade da UA é Lagos, Nixeria, mentres que a maior aglomeración urbana é O Cairo, Exipto. A Unión Africana ten máis de 1.300 millóns de habitantes e unha superficie de ao redor de 30millón de km2 e inclúe lugares emblemáticos do mundo, como o Sáhara e o Nilo.[2] As principais linguas de traballo son o árabe, o inglés, o francés, o portugués, o español e o swahili.[3] Dentro da Unión Africana existen órganos oficiais, como o Consello de Paz e Seguridade e o Parlamento Panafricano.

Na 18ª reunión do G20 (Grupo dos 20), celebrada en Delhi, India, a Unión Africana foi admitida como membro do G20 do mesmo xeito que a Unión Europea.

Baseada no modelo da Unión Europea (pero actualmente con poderes máis próximos ó da Commonwealth británica), axuda a promoción da democracia, dereitos humanos e desenvolvemento de África, especialmente o aumento dos investimentos estranxeiros no programa New Partnership for Africa's Development (NEPAD). O primeiro presidente da UA foi o surafricano Thabo Mbeki.

Obxectivos

Os obxectivos da Unión Africana son:[4]

  1. Acadar unha maior unidade e solidariedade entre os países de África e os africanos.
  2. Defender a soberanía, a integridade territorial e a independecia dos seus estados membros.
  3. Acelerar a integración política e socioeconómica do continente.
  4. Promover e defender os intereses comúns africanos en materias importantes para o continente e os seus pobos.
  5. Favorecer a cooperación internacional, tendo debidamente en conta a Carta das Nacións Unidas e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  6. Promover a paz, a seguridade e a estabilidade do continente.
  7. Promover principios e institucións democráticos, a participación popular e o bo goberno.
  8. Promover e protexer os dereitos humanos de acordo coa Carta Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos e outros instrumentos a favor dos dereitos humanos.
  9. Estabelecer as condicións necesarias para posibilitar ao continente xogar o papel que lle corresponde na economía global e nas negociacións internacionais.
  10. Promover o desenvolvemento sostible a nivel económico, cultural e social, así como a integración das economías africanas.
  11. Promover a cooperación en tódolos ámbitos da actividade humana para aumentar o nivel de vida dos africanos.
  12. Coordinar e harmonizar as políticas entre as Comunidades Económicas Rexionais existentes e futuras para a consecución gradual dos obxectivos da Unión.
  13. Avanzar no desenvolvemento do continente promovendo a investigación en tódolos ámbitos, particularmente en ciencia e tecnoloxía.
  14. Traballar con aliados internacionais na erradicación de enfermidades que se poden previr e na promoción da saúde no continente.

A Unión Africana componse de órganos políticos e administrativos. O máximo órgano decisorio é a Asemblea da Unión Africana, composta por todos os xefes de Estado ou de Goberno dos Estados membros da UA. A Asemblea está presidida por Félix Tshisekedi, Presidente da República Democrática do Congo. A UA tamén conta cun órgano representativo, o Parlamento Panafricano, composto por 265 membros elixidos polas asembleas lexislativas nacionais dos Estados membros da UA. O seu presidente (interino desde abril do 2020) é Djamel Bouras.

Outras institucións políticas da UA son:

  • O Consello Executivo, formado por ministros de Asuntos Exteriores, que prepara as decisións da Asemblea;
  • o Comité de Representantes Permanentes, formado polos embaixadores en Adís Abeba dos Estados membros da UA; e
  • o Consello Económico, Social e Cultural (ECOSOCC), órgano consultivo da sociedade civil.

A Comisión da UA, secretaría das estruturas políticas, está presidida por Nkosazana Dlamini-Zuma de Suráfrica. O 15 de xullo de 2012, Dlamini-Zuma gañou unha rifada votación para converterse na primeira muller á fronte da Comisión da Unión Africana, en substitución de Jean Ping de Gabón.

Outras estruturas da UA son acollidas por distintos Estados membros:

  • a Comisión Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos ten a súa sede en Banxul, Gambia; e
  • a Nova Alianza para o Desenvolvemento de África (NEPAD) e o APRM Secretarías e o Parlamento Panafricano están en Midrand, Suráfrica.

A primeira intervención militar da UA nun Estado membro foi o despregamento en maio de 2003 dunha forza de mantemento da paz formada por soldados de Suráfrica, Etiopía e Mozambique en Burundi para supervisar a aplicación dos distintos acordos. Tamén se despregaron tropas da UA en Sudán para o mantemento da paz durante a Conflito de Darfur, antes de que a misión pasase a mans de Nacións Unidas o 1 de xaneiro de 2008 a través da UNAMID. A UA tamén enviou unha misión de mantemento da paz a Somalia, formada por tropas de Uganda e Burundi.[5]

A UA adoptou unha serie de novos documentos importantes que establecen normas a nivel continental, para complementar os que xa estaban en vigor cando se creou. Entre eles atópanse a Convención da Unión Africana sobre Prevención e Loita contra a Corrupción (2003), a Carta Africana sobre Democracia, Eleccións e Gobernanza (2007), a Nova Alianza para o Desenvolvemento de África (NEPAD) e a súa asociada Declaración sobre Democracia e Gobernanza Política, Económica e Empresarial.[6]

Historia

A Unión Africana é a herdeira de varios intentos anteriores de unir politicamente ao continente, a semellanza da Unión Europea en Europa.[7][8] As súas predecesoras son a Unión de Estados Africanos, creada polo ghanés Kwame Nkrumah en 1958, a Organización para a Unidade Africana de 1963, ou a Comunidade Económica Africana fundada en 1991.[8]

A idea de crear a UA foi relanzada por algúns xefes de Estado e de Goberno na declaración de Bengasi (Libia) o 9 de setembro de 1999, baixo o auspicio de Muamar al-Qadafi, Líder e Guía da Revolución.[9] Á devandita declaración seguiron unha serie de cumes en Lomé (Togo) en 2000, onde se redactou o Acta Constitutiva da Unión Africana; e en Lusaca (Zambia) en 2001, onde se aprobou o plan para a instauración da Unión.

No acta constitutiva facíase un chamamento á diáspora africana a implicarse activamente no desenvolvemento da Unión.[10]

A Unión Africana foi inaugurada formalmente o 9 de xullo de 2002 polo seu primeiro presidente, o surafricano Thabo Mbeki. Naquel momento, a UA aínda incluía varias ditaduras entre os seus membros e para combatelas, a organización afirmou que interviría nos países africanos onde se cometan crimes contra a humanidade.[11] En 2012, la UA inauguró su sede central en Adís Abeba. O proxecto foi financiado na súa totalidade por China, e tivo un custo de 200 millóns de dólares estadounidenses. O edificio inclúe unha torre de 100 metros con vista a un centro de conferencias.[12]

En 2017 Marrocos ingresou na UA, xa que en 1984 retirouse da anterior Organización para a Unidade Africana (OUA), cando varios países membros apoiaron ao Movemento Nacional de Liberación Saharauí encarnado no Fronte Polisario na súa proclamación da independencia da República Árabe Saharauí Democrática.[13] O aliado marroquí, Zaire, igualmente opúxose á admisión na OUA da RASD, e o réxime de Mobutu boicoteou a organización desde 1984 ata 1986.[14] O 31 de xaneiro de 2017, 39 membros da Unión Africana apoiaron o ingreso de Marrocos á UA.[15] Con todo, en xuño de 2019 a UA suspendeu a membresía de Sudán na organización, en resposta ao suposto maltrato dos manifestantes por parte do goberno,[16] revogando a súa suspensión o 6 de setembro de 2019 tras a formación do goberno de transición.[17] Doutra banda, tras o golpe de estado de Malí de agosto de 2020, suspendeuse a membresía de Malí, sendo readmitida o 9 de outubro de 2020.[18]

Desde 2010, a Unión Africana contempla a creación dunha axencia espacial conxunta africana.[19][20][21][22]

Barack Obama foi o primeiro presidente dos Estados Unidos en funcións en falar diante da Unión Africana en Addis Abeba, o 29 de xullo de 2015. Co seu discurso, animou ao mundo a aumentar os lazos económicos mediante investimentos e comercio co continente, e eloxiou os avances en educación, infraestruturas e economía. Pero tamén criticou a falta de democracia e de líderes que se negan a dimitir, a discriminación contra as minorías (incluídas as persoas LGBT, os grupos relixiosos e as etnias) e a corrupción. Suxeriu unha intensificación da democratización e do libre comercio, para aumentar significativamente a calidade de vida dos africanos.[23][24]

Xeografía

Rexións da Unión Africana:
 Rexión Norte (Sáhara) 
 Rexión Sur (Kalahari) 
 Rexión Leste (Nile) 
 Rexións occidentais A e B (Níxer e Volta Níxer) 
 Rexión Centro (Congo) 

Os estados membros da Unión Africana cobren case a totalidade da África continental, agás varios territorios que posúe España (Ceuta, Melilla, e Peñón de Vélez da Gomera). Ademais, os países europeos teñen dependencias entre as illas costeiras de África: España (as illas Canarias e as illas das prazas de soberanía); Francia (Mayotte, Reunión e as illas dispersas do Océano Índico); Portugal (os Azores, Madeira e as Illas Salvaxes); e Reino Unido (Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha). A xeografía da Unión Africana é tremendamente diversa, incluído o deserto cálido máis grande do mundo (o deserto do Sáhara), enormes selvas e sabanas e o segundo río máis longo do mundo (o Nilo).

A UA ten unha área de 29.922.059 km2, con 24.165 km de costa. A gran maioría desta área está na África continental, mentres que os únicos territorios significativos fóra do continente son a illa de Madagascar (o microcontinente máis grande do mundo e a cuarta illa máis grande do mundo) e a Península do Sinaí (xeograficamente unha parte de Asia), representando algo menos do 2% da superficie total.

Demografía

Poboación

A poboación total da Unión Africana, en 2017, estímase en máis de 1.250 millóns de persoas, cunha taxa de crecemento de máis do 2,5% anual.[25]

Linguas

Mapa que mostra as familias de linguas tradicionais representadas en África (1996)

As linguas oficiais da Unión Africana son o árabe, o español, o francés, o inglés, o portugués, o swahili e "calquera outra lingua africana"[3][26] As principais linguas de traballo da Unión Africana son o inglés e o francés. En menor medida utilízanse o portugués e o árabe. O acta constitutiva, por exemplo, está redactada en inglés, francés e árabe, mentres que o protocolo polo que se modifica a acta constitutiva está redactada en inglés, francés e portugués. Desde 2020, o sitio web da UA está dispoñible na súa totalidade en inglés, parcialmente en francés e minimamente en árabe.[27]

Segundo o Acto Constitutivo da Unión Africana,[28]

As linguas de traballo da Unión e de todas as súas institucións serán, se é posible, as linguas africanas, árabe, inglés, francés e portugués.

En 2003 adoptouse un protocolo de modificación da Acta Constitutiva, que en abril de 2020 foi ratificado por 30 dos 37 Estados membros necesarios para unha maioría de dous terzos. A súa redacción cambiaría pola seguinte,[29]

1. As linguas oficiais da Unión e de todas as súas institucións serán o árabe, o español, o francés, o inglés, o portugués, o kiswahili e calquera outra lingua africana.
2. O Consello Executivo determinará o proceso e as modalidades prácticas de utilización das linguas oficiais como linguas de traballo.

Estados membros

Tódolos países africanos das Nacións Unidas son ou foron membros da Unión Africana, ao igual que a República Árabe Saharauí Democrática, cuxo recoñecemento internacional aínda está en disputa. Marrocos decidiu saír da Unión Africana de xeito unilateral, mentres que a República Centroafricana está actualmente suspendida. España, que no continente africano mantén a soberanía sobre Ceuta e Melilla, así como as Illas Canarias, é un país acreditado na Unión Africana.[30]

Membros suspendidos

Países observadores

  • Haití – No cumio 18 da Unión Africana en Adís Abeba o 2 de febreiro de 2012, Haití obtivo a condición de membro observador e, posteriormente, presentou unha solicitude formal para se converter nun membro asociado[32].
  • Casaquistán – O 14 de novembro de 2013, Casaquistán obtivo a condición de membro observador despois de que os tratados pertinentes foran ratificados en maio de 2013. O ministro de asuntos exteriores Erlan Idrisov converteuse no representante permanente da República de Casaquistán na Unión Africana[33].
  • Letonia – País observador dende 2012[34].
  • Lituania – País observador dende 2013[35].
  • Palestina - Membro observador despois do cumio 21 da Unión Africana[36].
  • Serbia – País observador. Os ministros de asuntos exteriores de Serbia Ivan Mrkić (2012 e 2014) e Vuk Jeremić (2011) participaron nos cumios en Adís Abeba[37][38][39].
  • Turquía – País observador dende 2005[40].

Antigos membros

Presidentes

Muammar al-Gaddafi saudando ao presidente de Tanzania Jakaya Kikwete despois de asumir a presidencia.
Presidentes da Unión Africana
NomeDendeAtéPaís
Thabo Mbeki9 de xullo de 200210 de xullo de 2003 Suráfrica
Joaquim Chissano10 de xullo de 20036 de xullo de 2004 Mozambique
Olusegun Obasanjo6 de xullo de 200424 de xaneiro de 2006 Nixeria
Denis Sassou Nguesso24 de xaneiro de 200624 de xaneiro de 2007 República do Congo
John Kufuor30 de xaneiro de 200731 de xaneiro de 2008 Ghana
Jakaya Kikwete31 de xaneiro de 20082 de febreiro de 2009 Tanzania
Muammar al-Gaddafi2 de febreiro de 200931 de xaneiro de 2010 Libia
Bingu wa Mutharika[44][45]31 de xaneiro de 201031 de xaneiro de 2011 Malaui
Teodoro Obiang Nguema[46]31 de xaneiro de 201129 de xaneiro de 2012 Guinea Ecuatorial
Thomas Yayi Boni29 de xaneiro de 201227 de xaneiro de 2013 Benín
Hailemariam Desalegn27 de xaneiro de 201330 de xaneiro de 2014 Etiopía
Mohamed Ould Abdel Aziz30 de xaneiro de 201430 de xaneiro de 2015 Mauritania
Robert Mugabe30 de xaneiro de 201530 de xaneiro de 2016 Cimbabue
Idriss Déby30 de xaneiro de 201630 de xaneiro de 2017 Chad
Alpha Condé30 de xaneiro de 201728 de xaneiro de 2018 Guinea
Paul Kagame28 de xaneiro de 201810 de febreiro de 2019 Ruanda
Abdelfatah Al-Sisi10 de febreiro de 201910 de febreiro de 2020 Exipto
Cyril Ramaphosa10 de febreiro de 20206 de febreiro de 2021 Suráfrica
Félix Tshisekedi6 de febreiro de 2021Presente

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: