Economía de Italia

Italia ten unha economía industrial diversificada que pode ser dividida en dúas zonas: o norte, máis industrializado e desenvolvido, dominado por empresas privadas e onde sitúase o principal centro financeiro do país, Milán; e o sur, menos desenvolvido e agrícola, dependente de subsidios estatais, e cun desemprego máis alto,[1] aproximadamente 20%. Por comparación cos veciños da Europa Occidental, ten un gran número de Pequenas e Medianas Empresas PMEs. O rendimento total e per-capita da economía italiana é máis ou menos igual ao de Francia ou do Reino Unido. A maior parte das materias primas necesarias para a industria e máis do 75% da enerxía son importadas.

Economía de Italia
MoedaEuro
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, Unión Europea, OCDE
Datos estatísticos[1]
PIB1 847 mil millóns (2011)
Posición do PIB11ª no mundo[2]
Crecemento do PIB0,4% (2011)
PIB per cápita$ 30.500 (2011)
PIB por sectoragricultura 2%, industria 24.7%, comercio e servizos 73,3% (2011)
Inflación2,9% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo25.080.000 (2011)
Forza de traballo por sectoragricultura 3,9%, industria 28,3%, comercio e servizos 67,8% (2011)
Desemprego8,4% (2011)
Industriasturismo, máquinas, ferro e aceiro, produtos químicos, procesamento de alimentos, téxtiles, vehículos a motor, roupas, calzados, cerámica
Parcerías comerciais[1]
Exportacións524,9 mil millóns (2011)
Produtos de exportaciónprodutos de enxeñería, téxtiles e roupas, máquinas industriais, vehículos a motor, equipamentos de transporte, produtos químicos, alimentos, bebidas e tabaco, minerais e metais non-ferrosos
Principais mercadosAlemaña 13,3%, Francia 11,8%, Estados Unidos 5,9%, España 5,4%, Suíza 5,4%, Reino Unido 4,7% (2011)
Importacións549,6 mil millóns (2011)
Principais produtos importadosprodutos de enxeñería, produtos químicos, equipamentos de transporte, produtos de enerxía, minerai e metais non-ferrosos, tecidos e roupas, alimentos, bebidas e tabaco
Finanzas públicas[1]
Débeda externa2 684 mil millóns (2011)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible

Durante a última década, a Italia seguiu unha política fiscal apartada a fin de cumprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiouse de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adhesión ao Euro desde o inicio, en 1999.

A performance económica de Italia veuse atrasando en relación aos seus parceiros da UE, e o actual goberno pon en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecemento a longo prazo da economía.

A pesar diso, ten andado devagar na posta en funcionamento de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminuición dos impostos, a flexibilización das leis que rexen o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.

Mapa de Italia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: