Economía do Reino Unido

O Reino Unido é unha das principais nacións industriais e comerciais do mundo. En termos do seu produto interior bruto (PIB), é o quinto no mundo logo dos Estados Unidos, o Xapón, Alemaña e a China. Durante a década pasada, o goberno privatizou considerablemente as súas empresas e contivo o crecemento dos gastos en benestar social[1].

Economía de Reino Unido
Moedalibra esterlina
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, Unión Europea, Commonwealth de Nacións, OCDE
Datos estatísticos[1]
PIB2 323 mil millóns (2012)
Posición do PIB9ª no mundo[2]
Crecemento do PIB-0,1% (2012)
PIB per cápita$ 36 700 (2012)
PIB por sectoragricultura 0,7%, industria 21,1%, comercio e servizos 78,2% (2012)
Inflación2,8% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo31.900.000 (2012)
Forza de traballo por sectoragricultura 1,4%, industria 18,2%, comercio e servizos 80,4% (2006)
Desemprego7,8% (2012)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións481 mil millóns (2012)
Produtos de exportaciónmanufacturados, combustibles, produtos químicos, alimentos, bebidas, tabaco
Principais mercadosAlemaña 10,9%, Estados Unidos 9,9%, Países Baixos 7,9%, Francia 7,4%, Suíza 7,1%, República de Irlanda 6%, Bélxica 5,3% (2011)
Importacións646 mil millóns (2012)
Principais produtos importadosmanufacturados, máquinas, combustibles, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa9 836 mil millóns (2012)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible

A súa agricultura é bastante modernizada e atende 60% das necesidades de alimentos do país con menos de 2% da forza de traballo total. Os seus principais produtos son cereais, sementes oleaxinosas, patacas, legumes, gando, ovellas, creación de aves e peixes[1]. O país ten grandes reservas de carbón, petróleo e gas natural, porén, as súas reservas de petróleo e gas están diminuíndo, e o país tornouse o 2005 un importador de combustibles. A produción destes combustibles representa hoxe uns 4% do PIB[1]. Actualmente os servizos, en particular os servizos bancarios, de seguro e os de investimento son os principais compoñentes do PIB.

Notas

🔥 Top keywords: