Eduardo III de Inglaterra

Eduardo III de Inglaterra, nado o 13 de novembro de 1312 e finado o 21 de xuño de 1377, foi Rei de Inglaterra entre 1327 e o seu pasamento en 1377.[1][2] Era o fillo máis vello de Eduardo II de Inglaterra e da princesa Isabel de Francia.[1]

Infotaula de personaEduardo III de Inglaterra

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Edward III
(en) Edward III of England Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1312 Editar o valor em Wikidata
Castelo de Windsor (Reino de Inglaterra) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 1377 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Richmond Palace (Reino de Inglaterra) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
Monarca de Inglaterra
25 de xaneiro de 1327 – 21 de xuño de 1377 (finado no cargo)
← Eduardo II de InglaterraRicardo II de Inglaterra →
Señor de Irlanda
25 de xaneiro de 1327 – 21 de xuño de 1377 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrealeza , monarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Plantagenet Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFilipa de Hainaut (1328 (Gregoriano)–)
ParellaAlice Perrers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosEduardo de Woodstock
 () Filipa de Hainaut
Nicholas Lytlington (en) Traducir
 () Alice Perrers (en) Traducir
Jane (?) (en) Traducir
 () Alice Perrers (en) Traducir
Joan (?) (en) Traducir
 () Alice Perrers (en) Traducir
Joan of England (en) Traducir
 () Filipa de Hainaut
William of Hatfield (en) Traducir
 () Filipa de Hainaut
Isabela de Coucy (pt) Traducir
 () Filipa de Hainaut
Blanche de la Tour Plantagenet (en) Traducir
 () Filipa de Hainaut
Thomas of England (en) Traducir
 () Filipa de Hainaut
John de Southeray (en) Traducir
 () Alice Perrers (en) Traducir
Margarida de Inglaterra, Condessa de Pembroke (pt) Traducir
 () Filipa de Hainaut
Leonel de Antuérpia (pt) Traducir
 () Filipa de Hainaut
Joana de Inglaterra (1335–1348) (pt) Traducir
 () Filipa de Hainaut
Tomás de Woodstock (pt) Traducir
 () Filipa de Hainaut
Xoán de Gante
 () Filipa de Hainaut
Mary of Waltham (en) Traducir
 () Filipa de Hainaut
Edmundo de Langley (pt) Traducir
 () Filipa de Hainaut
William of Windsor (en) Traducir
 () Filipa de Hainaut Editar o valor em Wikidata
PaisEduardo II de Inglaterra Editar o valor em Wikidata  e Sabela de Francia Editar o valor em Wikidata
IrmánsXoana da Torre, Eleanor of Woodstock (en) Traducir, João de Eltham, Conde da Cornualha (pt) Traducir e Adam FitzRoy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Plantagenet-70 Find a Grave: 1957 Editar o valor em Wikidata
Eduardo III de Inglaterra

Traxectoria

Eduardo subiu ao trono con catorce anos, despois da abdicación forzada do seu pai froito dun reinado repleto de intrigas políticas.[3] Como rexentes tivo á propia Isabel de Francia e a Roger Mortimer, o seu titor, os responsábeis pola súa subida anticipada ao trono.[3] Ao contrario do seu pai, Eduardo III tiña unha personalidade forte.[3] Eduardo III mandou executar a Mortimer, amante da súa nai, e exiliou a esta de por vida no castelo de Rising, en Norfolk, acusándoos do asasinato do seu pai.[3] No mesmo ano casou con Filipa de Hainault, con quen tivo unha ampla descendencia.[3]

Eduardo III dedicou o inicio da década de 1330 a subxugar de novo a Escocia, que aproveitara a confusión na política inglesa do reinado de Eduardo II, para readquirir a independencia.[3] Resolvida esta cuestión na batalla de Halidon Hill, en 1333, Eduardo III volveuse para outro conflito que habería de marcar a Idade Media: a guerra dos Cen Anos.[3]

Eduardo III co Príncipe Negro.

En 1328, Carlos IV de Francia, o último dos tres fillos de Filipe IV, morría sen descendentes masculinos.[3] Como en Francia vigorava a lei sálica, a coroa pasou para Filipe de Valois, un primo afastado, que foi coroado como Filipe VI de Francia.[3] Eduardo III era sobriño do falecido Carlos IV, por vía da nai, e considerou a súa pretensión mellor que a do Conde de Valois, a pesar da lei sálica.[3] Os franceses non aceptaran esta hipótese que resultaría nunha perda de independencia e confirmaron a Filipe VI como rei.[3] Despois dalgúns conflitos diplomáticos, Eduardo III declarou abertas as hostilidades con Francia, iniciando así o que ficaría coñecido como a guerra dos Cen Anos.[3] O inicio das hostilidades foi marcado polos sucesos da batalla de Crecy (1346) e da batalla de Poitiers (1356), e pola conquista de gran parte do Norte de Francia.[3] A pesar diso, Eduardo III non fixo ningunha tentativa para ir mais lonxe e conquistar París, por exemplo. Entregado o control da fronte francesa ao fillo Eduardo, o Príncipe Negro, que habería de se mostrar un líder militar notábel, Eduardo III concentrouse na guerra con Escocia. O resultado da campaña do Príncipe Negro foi excelente: Inglaterra venceu a Francia na batalla de Poitiers e Eduardo III tivo a honra de ver ao rei Xoán II de Francia como o seu prisioneiro.[3] As condicións de rescate, detalladas no Tratado de Brétigny, garantían para o seu reino cerca dun cuarto do territorio francés.[3]

A pesar de respectarse mutuamente, Eduardo III e o seu primoxénito non se levaban ben nin tiñan a mesma visión do que debería ser a política interna. O casamento do príncipe de Gales con Xoana de Kent fora motivo dunha antipatía nunca sanda totalmente. Porén, cando Eduardo de Gales morre en 1376, Eduardo III chorou a súa morte e tornouse melancólico. Morreu no ano seguinte, sendo sucedido polo seu neto Ricardo II de Inglaterra.[3]

Cerca da morte de Eduardo III, a sucesión no trono inglés parecía asegurada para Ricardo, pero moitos xoves da prole de Eduardo crearon algún que outro problema. Por exemplo, os conflitos que estalarán entre os diversos ramos da súa descendencia darán orixe á guerra das Dúas Rosas, onde os seus netos das casas de York e Lancaster disputarán a coroa nunha sanguenta guerra civil.

Descendencia

Nota: Os seus fillos ficarán coñecidos pola cidade onde naceran.

  • Da súa muller, Filipa de Hainault (1311-1369):[4]
    • Eduardo, Príncipe de Gales, o Príncipe Negro (1330-1376), casou con Xoana de Kent e foi pai de Ricardo II de Inglaterra, o último Plantaxeneta
    • Isabel Plantaxeneta (1332-1382), casou con Enguerrand VII, Señor de Coucy
    • Guillerme Plantaxeneta (1334-1337)
    • Xoana Plantaxeneta (1335-1348)
    • Leonel de Antuerpia, Duque de Clarence (1338-1368), casou con Isabel de Burgh e Valentina Visconti de Milán, mas tivo apenas unha filla
    • Xoán de Gante, Duque da Aquitania e de Lancaster (1340-1399). Os seus descendentes formarán a Casa de Lancaster, a facción da rosa vermella na guerra das Dúas Rosas. Foi tamén pai de Filipa de Lancaster, muller do rei Xoán I de Portugal.
    • Edmundo de Langley, Duque de York (1341-1402). Os seus descendentes formarán a Casa de York, a facción da rosa branca na guerra das Dúas Rosas.
    • Branca Plantaxeneta (1342)
    • María Plantaxeneta (1344-1361), casou con Xoán V, Duque da Bretaña
    • Margarida Plantaxeneta (n.1346), casou con John Hastings, Conde de Pembroke
    • Tomé de Woodstock, Duque de Gloucester (1355-k.1399), casou con Leonor de Bohun
Predecesor:
Eduardo II de Inglaterra
 
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
 
1327 - 1377
Sucesor:
Ricardo II de Inglaterra

Notas

🔥 Top keywords: