Lonxitude aproximada de 18 cm e un peso de 50 gramos (é o maior do seu xénero). Corpo compacto e pico forte, de cor parda por todo o corpo con pintas brancas. A especie presenta monomorfismo sexual.
Aliméntase de sementes, brotes tenros e insectos que busca no chan. Habitualmente canta dende lugares altos e prominentes. O seu hábitat predilecto son as zonas de cultivos e praderías con árbores e matogueiras dispersas.
As postas, que se realizan entre maio e xullo, consta de 4-5 ovos. O niño está no chan. O tempo de incubación é de 12-14 días e a permanencia no niño e de 9 a 12 días. Fai 1-2 postas ó ano.
"100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009.
Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
Gran Guía de la Naturaleza. AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)