Trigueirón

Trigueirón

En París, Francia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Passeriformes
Familia:Emberizidae
Xénero:Emberiza
Brehm, 1831
Especie:E. calandra
Nome binomial
'Emberiza calandra'
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Miliaria calandra

O trigueirón[2] (Emberiza calandra) é unha ave da familia das Emberizidae.

Morfoloxía e hábitos

Lonxitude aproximada de 18 cm e un peso de 50 gramos (é o maior do seu xénero). Corpo compacto e pico forte, de cor parda por todo o corpo con pintas brancas. A especie presenta monomorfismo sexual.

Aliméntase de sementes, brotes tenros e insectos que busca no chan. Habitualmente canta dende lugares altos e prominentes. O seu hábitat predilecto son as zonas de cultivos e praderías con árbores e matogueiras dispersas.

Reprodución

Emberiza calandra

As postas, que se realizan entre maio e xullo, consta de 4-5 ovos. O niño está no chan. O tempo de incubación é de 12-14 días e a permanencia no niño e de 9 a 12 días. Fai 1-2 postas ó ano.

Distribución

Presente en Europa Occidental e do Sur de maneira habitual. Esporádico na Europa Central.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009.
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza. AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)