Encyclopedia of Life

enciclopedia biolóxica colaborativa en liña

Encyclopedia of Life (Enciclopedia da Vida), abreviadamente EOL é un proxecto de enciclopedia cooperativa en liña,[1][2] que ten como propósito construír unha enciclopedia que conteña un artigo para cada unha das especies de seres vivos existentes no planeta Terra.

Encyclopedia of Life
Logo
Tipobanco de dados biológicos, páxina web, base de datos en liña e crowdsourcing
Data de fundación2008
Na rede
https://eol.org
Twitter: eol Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cada artigo poderá conter sons, vídeos, imaxes, gráficos e textos.[3]

Dispoñía inicialmente dun fondo de 50 millóns de dólares provenientes de cinco grandes institucións científicas, encabezadas pola Fundación McArthur.

A páxina web de Internet da enciclopedia contén información do proxecto, FAQs[4] e páxinas de demostración.[5]

O comité directivo do proxecto está composto por membros veteranos de:

  • o Consorcio da Biblioteca da Herdanza da Biodiversidade,
  • o Museo Field de historia natural,
  • a Universidade de Harvard,
  • a Fundación McArthur,
  • o Laboratorio de Bioloxía Mariña,
  • o Xardín Botánico de Missouri,
  • a Fundación Alfed P. Sloan e
  • o Instituto Smithsoniano.[1][5][6]

O proxecto non permite achegas directas dos usuarios, como ocorre na Wikipedia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: