Escudería Centollo

escudaría galega

A Escudería Centollo é unha escudaría galega fundada na Coruña en 1966.

Escudería Centollo
Tipoescudaría de rally
Deporterally
Data de fundación1966
PaísEspaña
Na rede
http://escuderiacentollo.com/wordpress/
editar datos en Wikidata ]

Historia

Fundouse en abril de 1966 como a sección automobilística do Moto Club Coruña e o doutor e piloto José Larrea foi o seu primeiro presidente ata 1972.[1][2][3] Xa en 1966 organizaron diversas probas como o Rally de Primavera, o Rally de San Pedro, o Rally a Fisterra ou a I Proba de Velocidade da Coruña.[4][5][6][7] En 1967 a escudaría comezou a organizar o Rally da Coruña,[8] continuando de xeito interrompido ata 1990, cando lle cedeu os dereitos do rally a Senra Sport.[9] Ten organizado tamén carreiras de montaña como a Subida a Vilouzás,[10] e carreiras de coches clásicos, como o Rally Rías Altas Histórico.[11]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos