Estación de Cádiz

6°17′17″O / 36.528888888889, -6.2880555555556

A estación de Cádiz é a estación central da cidade homónima incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación termo de trens situada xunto á Praza de Sevilla, no centro de Cádiz.

Cádiz
Interior da estación
SituaciónCádiz
Servizosrestauración aparcamiento accesible PMR
Liñas
Longa DistanciaAltaria, Trenhotel
Media distanciaA-1
Cercanías (Proximidades Cádiz)
Intermodalidade
OutrosAutobús urbano e interurbano

É cabeceira da liña C-1 de Proximidades Cádiz, de trens de Media distancia Renfe e de trens de longo percorrido. Pertence á zona 1 de Proximidades Cádiz.

Historia

O edificio antigo da estación, pechado ao público dende que en 2002 fora inaugurado o novo, data da época en que se construíu a liña ferroviaria entre Cádiz e Sevilla, e localízase xunto ao porto de Cádiz e o edificio de aduanas.

Este edificio foi clausurado coas obras de soterramento da vía férrea en Cádiz entre 2000 e 2001 sendo construído un novo edificio que está algo máis afastado da Praza de Sevilla. A nova estación ten seis vías, dúas delas reservadas a trens de proximidades con acceso restrinxido para viaxeiros con títulos de transporte para os mesmos.

Durante as obras de soterramento a estación non prestou servizo, sendo terminal provisional a estación de Cortadura.

Servizos ferroviarios

Liña>Destino
C-1San SeverianoSan Fernando-Bahía Sur
Xerez da Fronteira
A-1Cádiz-Segunda AguadaSevilla-Santa Justa
San Fernando-Bahía SurXaén
TrenOrixe/DestinoParadas intermedias
AlviaMadrid-Puerta de AtochaSan Fernando-Bahía Sur · El Puerto de Santa María · Xerez da Fronteira · Sevilla-Santa Justa · Córdoba Central · Puertollano · Cidade Real-Central
Trenhotel
Antonio Machado
Barcelona-SantsSan Fernando-Bahía Sur · El Puerto de Santa María · Xerez da Fronteira · Sevilla-Santa Justa · Córdoba Central · Tarragona