Eurorrexión
Unha eurorrexión é unha estrutura administrativa de cooperación transfronteiriza entre dous ou varios territorios de diferentes Estados europeos.
En xeral, as eurorrexións non corresponden a instituciós gobernamentais ou rexionais, non teñen poder político, e as súas competencias limítanse ás súas propias estruturas. O seu obxectivo é o de promover os intereses comúns transfroiterizos. Un exemplo delas é a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.[1][2]
En 2007, o Consello de Europa relacionou máis de 90 eurorrexións de diferentes naturezas.[3]
Criterios para a constitución dunha eurorrexión
A Asociación das rexións fronteirizas europeas, que agrupa a numerosas eurorrexións, dá os seguintes criterios para a identificación das eurorrexiós:
- unha asociación de colectividaes territoriais dun lado ou outro dunha fronteira nacional;
- unha asociación transfronteiriza dotada dun secretariado permanente, de equipos técnicos e administrativos e dun orzamento propio;
- un organismo de dereito privado, fundamentado en asociacións con fins non lucrativos ou fundacións dun lado ou outro da fronteira, de acordo coas xurisdicións nacionais en vigor;
- un organismo de dereito público, baseado en acordos interestatais, que se ocupe, entre outras funcións, da participación das colectividades territoriais.
A eurorrexións varían na súa forma e a súa natureza. Polo tanto non é posíbel asocialas a un cadro xuridico preciso.
As eurorrexións de Europa
Esta é unha lista de eurorrexións. Obsérvese que as rexións normalmente teñen diferentes nomes (locais) en cada país participante. As eurorexións están listadas en orde alfabético dos nomes correspondentes en galego (suprimindo a palabra Eurorrexión). Tamén se listan os países participantes e o ano en que se fundou a eurorrexión. (O ano refírese case sempre á fundación da Comité ou Comunidade de Traballo de Cooperación Transfronteiriza (CTCT); no caso da de Galicia-Norte de Portugal, o ano é o da fundación da eurorrexión).
Nome en galego da eurorrexión Outros nomes locais da eurorrexión | Países participantes | Fundada |
---|---|---|
ARKO (Arvika/Kongsvinger) | Noruega, Suecia | 1978 |
Báltica Euroregion Baltija Euroregion Bałtyk | Dinamarca, Letonia, Lituania, Polonia, Rusia, Suecia | 1998 |
Barents Consello Euro-Ártico Barentsrådet | Finlandia, Noruega, Rusia, Suecia | 1993 |
Belásica | Bulgaria, Grecia, Macedonia do Norte | 2003 |
"BENEGO" (Belgisch-Nederlands Grensoverleg = Consulado fronteirizo Belga-Neerlandés) | Bélxica, Países Baixos | 1980 |
Benelux-Middengebied | Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo | 1948 |
Beskidy Euroregion Beskidy Euroregión Beskidy | República Checa, Polonia, Eslovaquia | 2000 |
Bosque de Białowieza Euroregion Puszcza Bialowieska | Belarús, Polonia | 2002 |
Bornholm e Escania Sudoeste | Dinamarca, Suecia | 1980 |
BUG | Belarús, Polonia, Ucraína | 1995 |
Canal da Mancha Kent & Nord Pas-de-Calais/Belgium Region Transmanche Cross-English Channel euroregion | Bélxica, Francia, Reino Unido | 1991 |
Calotte Norte Nordkalottrådet Pohjoiskalotin neuvosto | Finlandia, Noruega, Suecia | 1971 |
Carelia | Finlandia, Rusia | 2000 |
Cárpatos Karpacki Euroregion Karpatský euroregión | Hungría, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Ucraína | 1993 |
Cárpatos Brancos Euroregion Bílé Karpaty Euroregión Biele Karpaty | República Checa, Eslovaquia | 2000 |
Cieszyn Silesia Euroregion Tešínské Slezsko Euroregion Śląsk Cieszynski | República Checa, Polonia | 1998 |
Danubio | Bulgaria, Romanía | 1992 |
Danubio-Kris-Mures-Tisza Dunare - Cris - Mures - Tisa euroregion Euroregion DUNARE-MURES-TISA | Hungría, Romanía, Serbia e Montenegro | 1997 |
Dobrava | República Checa, Polonia | 2001 |
East Sussex/Seine-Maritime/Somme East Sussex/Seine-Maritime/Somme euroregion Rives-Manche Region | Francia, Reino Unido | 1993 |
Egrensis EuroRegio Egrensis | República Checa, Alemaña | 1993 |
Elba/Labe EURORegion Elbe-Labe | República Checa, Alemaña | 1992 |
Ems-Dollart Ems-Dollart Region Eems-Dollard Regio | Alemaña, Países Baixos | 1977 |
Espazo Atlántico Espace Atlantique euroregion Atlantic Area Espaço Atlantico | España, Francia, Reino Unido, Irlanda, Portugal | 1999? |
Estuario do Escalda Conseil de l'Estuaire de l'Escaut | Bélxica, Francia, Países Baixos | 1989 |
Galicia-Norte de Portugal Euroregião Galiza-Norte de Portugal Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal | España, Portugal | 2008 |
Glacensis Euroregion Pomezí Čech, Moravy a Kladska | República Checa, Polonia | 1996 |
Gronau Euregion Gronau | Alemaña, Países Baixos | 1958 |
Helsinqui-Tallinn euregio | Finlandia, Estonia | 1999 |
Inn-Salzach Inn-Salzach EuRegio | Austria, Alemaña | 1994 |
Inntal | Austria, Alemaña | 1998 |
Insubrica Regio Insubrica | Suíza, Italia | 1995 |
Lago Constanza Internationale Bodenseekonferenz | Austria, Suíza, Alemaña | 1997 |
Kvarken Interreg Kvarken-MittSkandia Interreg Kvarken –MidtSkandia Interreg Merenkurkku-MittSkandia | Finlandia, Noruega, Suecia | 1972 |
Mesta-Nestos | Bulgaria, Grecia | 1997 |
Montañas Ore Euroregion Krušnohoří Euroregion Erzgebirge | República Checa, Alemaña | 1992 |
Mosa-Rin Euregio Maas-Rhein Euregio Maas-Rijn Eurégion Meuse-Rhin | Bélxica, Alemaña, Países Baixos | 1976 |
Neisse Euroregion Neisse-Nisa-Nysa Nysa, Nisa, Neisse Euroregion | República Checa, Alemaña, Polonia | 1991 |
Nieman Niemen (Nieman) Euroregion Euroregion Nemunas | Belarús, Lituania, Polonia, Rusia | 1997 |
Nueva Retia Nova Raetia | Austria, Suíza | ? |
Østfold-Bahusia/Dalia Østfold-Bohuslän/Dalsland Border Committee | Suecia, Noruega | 1980 |
Panonia Transdanubio Occidental | Austria, Hungría | 1998 |
Pireneos Mediterráneo Eurorrexión Pireneos Mediterráneo Eurorégion Pyrénées-Méditerranée | España, Francia | 1998 |
Pomerania EURegio Pomerania | Alemaña, Dinamarca (proposta), Polonia, Suecia | 1995 |
Pomoraví - Záhorie - Weinviertel | Austria, República Checa, Eslovaquia | 1999 |
Praded Euroregion Praděd Euroregion Pradziad | República Checa, Polonia | 1998 |
Viadrina | Alemaña, Polonia | 1993 |
Rin-Waal Euregio Rhein-Waal Euregio Rijn-Waal | Alemaña, Países Baixos | 1973 |
Rin-Mosa-Norte Euregio Rhein-Maas-Nord Euregio Rijn-Maas-Noord | Alemaña, Países Baixos | 1978 |
Saaristo / Skärgården Interreg Saaristo Interreg Skärgården | Finlandia, Suecia | 1978 |
Salzburgo-Berchtesgadener-Traunstein | Austria, Alemaña | 1993 |
Sar-Lor-Luxemburgo-Rin | Alemaña, Francia, Luxemburgo | 1995 |
Selva Bávara - Selva Bohemia / Šumava euroregion Euroregio Bayerischer Wald-Böhmerwald/Sumava Euroregion Šumava-Bavorský les | Austria, República Checa, Alemaña | 1994 |
Silesia | República Checa, Polonia | 1998 |
Silva Nortica Euroregion Silva Nortica / Jihočeská Silva Nortica | Austria, República Checa | 2002 |
Spree-Neisse-Bober Sprewa-Nysa-Bóbr Euroregion | Alemaña, Polonia | 1992 |
Sudoeste | España, Francia, Portugal | ? |
Tatras Euroregion Tatry Euroregión Tatry | Polonia, Eslovaquia | 1994 |
Tirol-Tirol do Sur-Trentino Euroregion Tirol-Südtirol/Alto Adige-Trentino | Austria, Italia | 1998 |
TriRhena Regio TriRhena | Suíza, Alemaña, Francia | 1995 |
Val do Río Tornio The Tornedalen Council Tornedalsrådet Tornionlaakson Neuvosto | Finlandia, Suecia | 1987 |
Vía Salina Ausserfern e Kleinwalsertal/Bregenzerwald Euregio | Austria, Alemaña | 1997 |
Zugspitze-Wetterstein-Karwende | Austria, Alemaña | 1998 |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Agrupación europea de cooperación territorial
- Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal
- Eurodistrito
- Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Ligazóns externas
- Sitio da ARFE (Asociación das rexións fronteirizas europeas)Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en alemán), (en francés), (en inglés) Consultada o 13/1/3012.