Frances Arnold

química estadounidense

Frances Hamilton Arnold, nada en Pittsburgh o 25 de xullo de 1956, é unha científica e química estadounidense. Foi galardoada co Premio Nobel de Química no 2018 xunto a George P. Smith e Gregory Winter.[1] É pioneira na investigación de métodos de evolución dirixida para crear sistemas biolóxicos útiles, incluíndo enzimas, rutas metabólicas, circuítos de regulación xenética e organismos. É profesora de Linus Pauling de enxeñaría química, bioquímica e bioenxeñaría no Instituto de Tecnoloxía de California

Infotaula de personaFrances Arnold

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Frances Hamilton Arnold Editar o valor em Wikidata
25 de xullo de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Pittsburgh, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Board of directors member (en) Traducir Alphabet Inc.
9 de decembro de 2019 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California en Berkeley (–1985)
Universidade de Princeton (–1979)
Taylor Allderdice High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseHarvey Warren Blanch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría química Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbioquímica , profesora universitaria , inventora , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley, investigadora (pt) Traducir (1985–1986)
National Institute of Solar Energy (en) Traducir, research engineer (en) Traducir (1979–1980)
Instituto Tecnolóxico de California Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
World Economic Forum Annual Meeting 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoHuimin Zhao (pt) Traducir, Jesse D. Bloom (en) Traducir e D. Allan Drummond (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJay Bailey (–1994)
ParellaAndrew E. Lange (pt) Traducir (1994–2007) Editar o valor em Wikidata
PaiWilliam Howard Arnold (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesWilliam Howard Arnold (en) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata

Páxina webche.caltech.edu… Editar o valor em Wikidata
Twitter: francesarnold Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos e educación

Frances é filla de Josephine Inman e do físico nuclear William Howard Arnold [2] Frances graduouse no 1979 en Enxeñaría mecánica e Enxeñaría aeroespacial na Universidade de Princeton, onde se centrou en investigar sobre a enerxía solar. Despois de graduarse en Princeton traballou como enxeñeira en Corea do Sur, Brasil e no Solar Energy Research Institute de Colorado (agora chamado National Renewable Energy Laboratory). Anos máis tarde, no 1985 doutorouse en Química na Universidade de California en Berkeley, onde comezou a interesarse pola bioquímica.

Vida persoal

Frances Arnold vive en La Cañada Flintridge, California. Casou con James E.Bailey e tiveron un fillo, James. No 2001 Bailey morreu de cancro e anos máis tarde Frances volveu a casar co astrofísico de Caltech Andrew E.Lange co que tivo dous fillos, William e Joseph. No 2010 Andrew suicidouse e 6 anos máis tarde o seu fillo William morreu nun accidente. No 2005 Frances foi diagnosticada con cancro de mama e estivo baixo tratamento 18 meses.[3]

Recoñecementos

O traballo de Frances Arnold foi recoñecido e esta recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Nobel de Química no 2018 polo seu traballo pioneiro en Evolución dirixida, converténdose así na quinta muller en recibir este premio nos seus 117 anos de existencia e na primeira estadounidense.

Tamén recibiu numerosos outros premios como:

  • No 2011 o Draper Prize da National Academy of Engineering (NAE) (sendo a primeira muller en recibilo),
  • O premio da Society of Women Engineers[4]
  • Doutora Honoris Causa en ciencias polo Dartmouth College (2017)[5]
  • Premio de Tecnoloxía do Milenio (2016)[6]
  • Doutora Honoris Causa en ciencias pola Escola Politécnica Federal de Zúrich (2015)[7]
  • Emanuel Merck Lecture da Universidade Técnica de Darmstadt, Alemaña (2013)
  • Medalla Nacional de Tecnoloxía e Innovación[8] (2013)
  • Premio ENI (2013)
  • Premio Charles Stark Draper (2011)[9]
  • Premio de enxeñaría enzimática das Conferencias Internacionais de Enxeñaría e Genencor (2007)[10]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: