Gastronomía de Italia

A gastronomía de Italia é unha das principais gastronomías mundiais. A cociña italiana caracterízase pola variedade de produtos utilizados así como por unha gran diversidade rexional. Terra gastronómica por excelencia, Italia é o berce da cociña europea e mediterránea. Os mercados medievais das cidades e vilas transalpinas son o lugar de nacemento da actual cociña italiana debido á converxencia de dous factores: a chegada á cidade dunha serie de produtos agrícolas do contorno rural para ser vendidos nos mercados e a bonanza económica na que viven as elites locais, que lles permite usufruir destes produtos e combinalos elaborando novos pratos. Estes serán bautizados na maior parte dos casos co nome da vila onde foron creados.[1]

Delicias da gastronomía italiana.

A cociña cotiá

A cociña é un elemento importante na maneira de vivir dos italianos, que reflicte sobre todo a cultura rural, pero aínda máis a familiar, ou incluso a materna.

Os italianos teñen unha visión íntima e concreta da súa cociña. Non é tan importante a complexidade ou a virtuosidade dunha "alta cociña" como a calidade e precisión ou o bo facer diarios. Un prato debe ser como é, respectando as tradicións.O parmesano relado, o sal, a pementa, o limón, o aceite de oliva, non están permitidos en calquera prato.Falando dos viños, bébese tinto ou branco, dependendo do prato que se estea a degustar (se é carne, tinto, se é peixe, branco). Na cociña italiana non se aprecia demasiado o exótico, os gustos fortes, as grandes porcións, ou as carnes vermellas, xa que se valora máis a combinación sutil de gustos orixinais, sen excesos nin complexidades inútiles.

As cociñas rexionais en Italia

  • Cociña abruzzesa
  • Cociña calabresa
  • Cociña campana
  • Cociña emiliana
  • Cociña do Friuli-Venezia-Giulia
  • Cociña do Lacio
  • Cociña lígure
  • Cociña lombarda
  • Cociña lucana
  • Cociña marchigiana
  • Cociña molisana
  • Cociña piemontese
  • Cociña pugliese
  • Cociña romagnola
  • Cociña sarda
  • Cociña siciliana
  • Cociña toscana
  • Cociña do Trentino-Alto Adige
  • Cociña umbra
  • Cociña valdostana
  • Cociña veneta

Notas


 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: