Gochujang

O gochujang (고추장) é unha salsa picante empregada na condimentación de pratos da cociña coreana. Trátase dun alimento fermentado a base de pementos rubios en po. Elabórase de forma tradicional en recipientes de barro que conteñen pasta de chile e despois de fermentar durante anos sobre pedras que se denominan jangdokdae (장독대) .

Tarro de gochujang

Historia

Crese que o gochujang (pasta picante de chiles) empregouse en Corea desde comezos do século XVIII. De acordo co Jungbo Sallim geongje (증보산림경제, 1765), a pasta gochujang facíase engadíndolle po de chiles picantes e arroz glutinoso a unha pasta elaborada previamente con soia, e a a que se deixaba madurar baixo o sol, sendo similar o método ao empregado actualmente.[1]

Características

Trátase dunha pasta en forma de salsa que se fermenta durante moitos anos en recipientes de barro selados. A pasta contén unha base de arroz glutinoso, grans pulverizados de soia e bastante chile en po. Menos frecuente é a adicción de xuxube, cebada e cabaza. Emprégase como condimento habitualmente nos jjigae coreanos. Ás veces marínase carne e emprégase como condimento de pratos como o naengmyeon e o bibimbap. Outras veces emprégase como base doutros condimentos como son o chogochujang (초고추장) ou o ssamjang (쌈장).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: