Granat

Observatorio espacial soviético.

Granat, tamén coñecido como Astron 2, foi un observatorio espacial soviético con colaboración francesa, polaca e danesa lanzado o 1 de decembro de 1989 mediante un foguete Proton K/D-1 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][4]

Granat
Granat
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónCNRS / IKI
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento1 de decembro de 1989[1][2][3]
Foguete portadorProton K/D-1[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas en raios gamma e raios X.[2][5]
Decaemento25 de maio de 1999
NSSDC ID1989-096A
Masa900 kg[2]
Dimensións2,5 m de diámetro por 4 m de alto.[2]

Características

Granat estaba adicado a facer observacións astronómicas en raios X e raios gamma. Tiña 4 metros de longo e medía 2,5 metros de diámetro. A alimentación eléctrica viña proporcionada por dous paneis solares que se estendían ós lados do corpo principal.[2][4]

Granat reentrou na atmosfera o 25 de maio de 1999.[1]

Instrumentos

O instrumento principal era o telescopio Sigma de raios gamma, de 3,5 metros de longo e 1,2 metros de diámetro, cun campo de visión de 4,45x4,20 graos. O observatorio levaba ademais un espectroscopio e un telescopio de raios X.[2][4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos