Grandes do noso tempo

Grandes do noso tempo é unha colección de obras de literatura universal traducidas ao galego posta en marcha por Edicións Xerais de Galicia. Consta de 18 títulos, publicados entre 1989 e 1996.

Historia e características

A colección foi presentada ó público en Santiago de Compostela o xoves 11 de maio de 1989 por Víctor Freixanes, entón director da editorial.[1]

Todos os volumes son traducións literarias ó galego de autores contemporáneos. O obxectivo, segundo Víctor Freixanes, foi "a necesidade de incorporar ó galego textos clásicos e contemporáneos para que as novas xeracións, sobre todo, poidan acceder a outras culturas dende a lingua propia". Os títulos puxéronse no mercado a un prezo de 800 pesetas. Aínda que a colección tivo pouca fortuna dende o punto de vista comercial, a súa importancia radicou en que creou lectores e varias promocións de profesionais da tradución á lingua galega, ata entón inexistentes.[2]

Os libros foron editados en tapa branda con solapas nun tamaño de 21 por 13 cm. Na portada de cada volume figura unha fotografía do autor (agás en Sete narradores soviéticos: 1934-1950 e O vixía no centeo) e na contraportada un pequeno fragmento da obra. No interior do libro figura unha breve noticia do autor. O deseño da colección é de RE-VISION.

Títulos

André Gide.
#TítuloAutor/aTraduciónISBN
1A caídaAlbert CamusMaría Dolores CabreraISBN 84-7507-371-9
2O demo nos outeirosCesare PaveseXavier Rodríguez BaixerasISBN 84-7507-372-7
3Voo de noiteAntoine de Saint-ExupéryValentín AriasISBN 84-7507-373-5
4O GolemIsaac Bashevis SingerAnxo Romero LouroISBN 84-7507-433-2
5O paredónJean-Paul SartreXosé María Proupín FernándezISBN 84-7507-432-4
6DublinesesJames JoyceDébora Ramonde e Xela AriasISBN 84-7507-451-0
7O xardínMarguerite DurasValentín AriasISBN 84-7507-413-8
8Retrato do artista como cadeloDylan ThomasManuel Anxo Laxe FreireISBN 84-7507-637-8
9O vixía no centeoJ.D. SalingerXosé Ramón Fernández RodríguezISBN 84-7507-437-5
10Cristo parou en ÉboliCarlo LeviSilvia GasparISBN 84-7507-469-3
11A sinfonía pastoralAndré GideLeandro García BugarínISBN 84-7507-446-4
12A traxedia dun personaxe e outros relatosLuigi PirandelloCándido Pazó e Dolores VilavedraISBN 84-7507-447-2
13Sete narradores soviéticos: 1934-1950Borís Gorbátof, Iliá Ilf,
Evguieñi Pietrof,
Valentín Catáief,
Iuri Naguibin,
Vadim Coxévñicof,
Constantín Paustovsqui
Manoel Riveiro LoureiroISBN 84-7507-556-8
14O mar da cor do viñoLeonardo SciasciaSilvia GasparISBN 84-7507-558-4
15O home invisibleH.G. WellsFrancisco BedoyaISBN 84-7507-545-2
16O deserto dos tártarosDino BuzzatiXavier R. BaixerasISBN 84-7507-586-X
17Fuxida e martirio de San Andreu MiláMiquel Àngel RieraXavier R. BaixerasISBN 84-7507-612-2
18Un feliz mundo novoAldous HuxleyAnxo Romero LouroISBN 84-8302-056-4

Na previsión inicial da editorial estaba publicar algún máis que non veu a luz como O vello e o mar, de Ernest Hemingway.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: