Voo de noite

novela de Antoine de Saint-Exupéry

Voo de noite[1] (en francés: Vol de nuit) é unha novela de 1931 e a segunda novela do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry. Converteuse nun grande éxito internacional e rodouse un filme baseado nel, estreado en 1933.[2] A súa popularidade, que só medrou por mor dos conflitos das décadas de 1930 e 1940, débese ó seu tema principal, que trata sobre sacrificar as consideracións persoais por unha causa na que un cre.

Voo de noite
Título orixinalVol de nuit
Autor/aAntoine de Saint-Exupéry
OrixeFrancia
LinguaFrancés
ColecciónGrandes do noso tempo
Xénero(s)Novela
EditorialFrancia Éditions Gallimard
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Francia 1931
Galicia 1989
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas97
ISBNISBN 84-7507-373-5
TraduciónValentín Arias
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Valentín Arias e foi publicado por Edicións Xerais no ano 1989, na colección Grandes do noso tempo.[1]

Notas