Peseta

Peseta †
Peseta en castelán
Código:ESP
Ámbito:España España
Andorra Andorra
Símbolo:Ptas, ₧
Fracción:100 céntimos
Moedas:1, 5, 10, 25, 50,100, 200, 500 ₧
Billetes:1000, 2000, 5000 e 10000 ₧
Emisor:Banco de España
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 166,386 ESP
Oficial até o 28-02-2002

A peseta foi unha moeda española de curso legal en España e Andorra (nesta última, xunto ao franco francés) dende o 19 de outubro de 1868 até o 31 de decembro de 2001, cando foi substituída polo euro. A peseta abreviábase pta, sendo incorrecta a abreviación pts para o plural.

Billete de peseta (1951)
Billete de peseta (1953)
Moeda de peseta (1993)

Historia

Antes, a peseta era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de billón ou os dous reais de prata. É moi posíbel que o termo peseta proveña da palabra catalá peçeta (peciña), diminutivo de peça.[1] Na Idade Media, designaba ao real de a dous e en 1737, no Diccionario de autoridades castelán, aparece a peseta como «a peza que vale dous reais de prata de moeda provincial, formada de figura redonda. É voz modernamente introducida».[2]

O 19 de outubro de 1868, o ministro de Facenda do Goberno provisional do Xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o Sistema métrico. A primeira peseta foi cuñada en 1869 e, pouco despois, en 1875, apareceu a primeira peseta emitida en papel que seguiu a ser emitida até 1953 polo Banco de España.[3]

A peseta foi substituída polo euro no ano 1999 nos mercados de divisas. O 1 de xaneiro de 2002 o euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta convivindo as dúas moedas até o 1 de marzo de 2002 en que peseta deixou de ser unha moeda de curso legal en España[4] e Andorra, aínda que existe o compromiso oficial do Banco de España de cambiar o seu importe en euros en non importa cal data, ó cambio oficial único establecido, 1 euro = 166,386 pta, co arredondamento correspondente ó terceiro decimal.

Moedas

Billetes

Penúltima serie (1982-1987)
Imaxe do anversoImaxe do reversoDenominaciónCor predominanteDimensiónsDescrición do anversoDescrición do reverso
200 pesetasLaranxa120 × 65 mmLeopoldo AlasTexto de La Regenta. e imaxe dun carballo asturiano
500 pesetasAzul129 × 70 mmRosalía de CastroTexto de Follas Novas e casa da Matanza
1.000 pesetasVerde138 × 75 mmBenito Pérez GaldósTexto dos Episodios nacionales e opaisaxe co Teide
2.000 pesetas[5]Vermello147 × 80 mmJuan Ramón JiménezFragmento do poema Alegría nocturna e Concello de Moguer (Huelva)
5.000 pesetasMarrón156 × 85 mmXoán Carlos I de EspañaManuscrito asinado e Palacio Real de Madrid
10.000 pesetasGris165 × 85 mmXoán Carlos I de España e Filipe, príncipe de AsturiasBusto e manuscrito asinado de Filipe como Príncipe de Asturias
Última serie (1992)
Imaxe do anversoImaxe do reversoDenominaciónCor predominanteDimensiónsDescrición do anversoDescrición do reverso
1.000 pesetasVerde130 × 65 mmHernán CortésFrancisco Pizarro
2.000 pesetasVermello138 × 68 mmJosé Celestino Mutis
5.000 pesetasMarrón146 × 71 mmCristovo Colón
10.000 pesetasGris154 × 74 mmXoán Carlos I de EspañaJorge Juan y Santacilia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Corbacho, Xesús (2001). O Euro e a construcción europea. Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-670-8. 

Outros artigos

🔥 Top keywords: