Gumersindo Otero García
político galego
Gumersindo Otero García, nado en Breixa (Silleda) o 9 de decembro de 1845 e finado en Riobó (A Estrada) o 12 de novembro de 1914,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1845 Breixa, España |
Morte | 12 de novembro de 1914 (68 anos) Riobó, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
1907 – | |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
Fillo de Pío Otero, casou en Riobó o 9 de abril de 1871 coa súa curmá Dolores García Espinosa e foi herdeiro de Ramón María Otero. Vinculado ao Partido Liberal, foi alcalde da Estrada do 1 de marzo de 1877 ao 1 de xullo de 1881 e de novo do 6 de setembro de 1886 ao 25 de maio de 1887, cando renunciou polo mal estado de saúde. Foi deputado provincial en 1888, 1892, 1896, 1901 e 1909, e o 4 de novembro de 1898 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra. En 1907 foi nomeado gobernador civil de Ourense.
Predecesor: Juan García Fernández | Alcalde da Estrada 1877 - 1881 | Sucesor: Eliseo de Silva Espinosa |
Predecesor: Eliseo de Silva Espinosa | Alcalde da Estrada 1886 - 1887 | Sucesor: Eliseo de Silva Espinosa |
Predecesor: Sabino González Besada | Presidente da Deputación de Pontevedra 1898 - 1901 | Sucesor: José Boente Sequeiros |
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Bértolo Ballesteros, José Manuel (2012). "Pazo da Mota" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (15): 283–306. Consultado o 23 de novembro de 2014.
- Varela Castro, Pedro (1923). La Estrada. Santiago de Compostela: El Eco de Santiago. Consultado o 15 de outubro de 2012.
Ligazóns externas
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5