Hadeico

O eón Hadeico fai referencia ao primeiro período de tempo do planeta Terra. Este eón adoita aparecer, xunto ao Arcaico e ao Proterozoico, englobado nun supereón chamado Precámbrico. O Hadeico abarca, aproximadamente, de 4570 M.a. (Millóns de Anos) ata 3800 M.a., é dicir, uns 1300 M.a. e comeza xustamente coa creación da Terra, abarcando a creación da Lúa (véxase Big Splash), os bombardeiros intensos no centro do Sistema Solar, e a aparición das primeiras moléculas autoreplicantes (véxase Hipótese do mundo de ARN).

Isto ben sendo o tempo de "estabilización" do Sistema Solar.

Subdivisión

O eón Hadeico, divídese en catro eras: Críptico, Grupo Basin, Necatrio e Ímbrico[1].

Notas


 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: