Himenópteros

orde de insectos
Himenópteros
Hymenoptera

Vespa velutina
Clasificación científica
Reino:Animalia
Subreino:Eumetazoa
Superfilo:Ecdysozoa
Filo:Arthropoda
Subfilo:Mandibulata
Clase:Insecta
Orde:Hymenoptera
Linnaeus, 1758
Subordes
Vexase o texto
Sinonimia
Vexase o texto

A dos himenópteros,[1] Hymenoptera, é unha grande orde de insectos caracterizados por posuíren ás membranosas, nas cales se poden ver facilmente os vasos sanguíneos.

O taxon inclúe, entre outros, as abellas, as avespas, o abesouros e as formigas. Probablemente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo.

Hai descritas unhas 153 000 especies, aínda que probablemente o seu número é moito maior, distribuídas en 132 familias con 8 423 xéneros​.[2][3]

Tamén se coñecen máis de 2 000 especies extintas.[4][5]

Taxonomía

Descrición

A orde foi desrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[6]

Etimoloxía

O nome científico Hymenoptera está formado pola unión dos elementos do latín científico hymen- e -pter, derivados, respectivamente, das voces do grego antigo ὐμην hymēn, "membrana", e πτερόν pterón, "á", coa adición dun -o- epentético e do sufixo -a, indicando plural.[7][8]

Sinónimos

Ademais de polo nome cuñado por Linneo a orde coñeceuse tamén polos sinónimos:[9]

  • Chalcidellia Girault, 1924
  • Harpophorus Agassiz, 1846

Clasificación

A orde dos himenópteros dividiuse tradicionalmente en dúas subordes:[10]

Os apócritos presentan cintura (estreitamento que separa o tórax do abdome).

Os sínfitos carecen de cintura, e son un grupo parafilético.[11]

Características

As formigas viven en comunidades

A maioría dos himenópteros teñen dous pares de ás transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificadas, en moitos casos, para absorberen o néctar das flores.

Moitas das especies son parasitas.

As femias presentan ao final do abdome unha estrutura para a posta de ovos, o ovipositor, que se converte nun aguillón velenoso nos grupos máis evolucionados.

As crías desenvólvense a través do holometabolismo (metamorfose completa), é dicir, pasan por unha etapa larvaria de verme e unha etapa de pupa inactiva antes de maduraren.

Sexo

Unha característica especial que se atopa nos himenópteros é que o sexo vén determinado polo número de cromosomas (determinación do sexo por haplodiploidía).[12] Os ovos fecundados teñen dous xogos de cromosomas (de cada un dos gametos respectivos de cada pai) e convértense en femias diploides, mentres que os ovos non fecundados só conteñen un xogo (da nai), polo que dan lugar a machos haploides. O acto da fecundación está baixo o control voluntario da femia, o que lle dá a esta o control do sexo da súa descendencia. Como consecuencia, as femias teñen máis xenes en común coas súas irmás que coa súa descendencia.[13]

William Donald Hamilton formalizou o concepto da selección de parentesco que podería ser unha das orixes da eusociabilidade destas especies.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: