Homo antecessor

Homo antecessor
Rango fósil: Plistoceno

Reconstrución en Burgos

Caveira de Homo antecessor
Caveira de Homo antecessor

Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Orde:Primates
Suborde:Haplorrhini
Parvorde:Catarrhini
Superfamilia:Hominoidea
Familia:Hominidae
Subfamilia:Homininae
Tribo:Hominini
Xénero:Homo
Especie:H. antecessor
Nome binomial
† Homo antecessor
Bermúdez de Castro et al., 1997

Homo antecessor é unha especie humana, ou subespecie, que data de hai 1.2 millóns de anos a 800 mil anos. Foi descuberta por Eudald Carbonell, Juan Luis Arsuaga e J. M. Bermúdez de Castro. H. antecessor é unha das especies humanas que máis pronto colonizaron Europa.

Estivo en debate por arqueólogos e antropólogos cal é a relación de H. antecessor con outras especies de Homo de Europa e estímase que é un paso evolutivo entre o Homo ergaster e Homo heidelbergensis, inda que hai propostas de que unha especie que diverxeu de H. ergaster[1]. Outros suxiren que H. antecessor é a mesma especie que H. heidelbergensis, que tiña habitado Europa desde hai 600 mil a 250 mil anos atrás, no Plistoceno.

O fósil que está mellor conservado é unha maxila que pertence a un individuo desde 10 anos de idade e que se levantou dun sitio arqueolóxico de España. As medidas paleomagnéticas estiman que é un resto máis vello ca 780–857 miles de anos[2]. A media do volume cerebral é de 1,000 cm3. No 1994 e 1995 levantáronse sitios arqueolóxicos en Atapuerca e recolléronse 80 fósiles. Obtivéronse multitude de exemplos de cortes en fresco de ósos e que indicaría que H. antecessor practicaba o canibalismo[3]

Os sitios arqueolóxicos de H. antecessor que se atoparon foron en España na Gran Dolina e na Sima del Elefante en Atapuerca, en Suffolk e Norfolk en Inglaterra e en Lézignan-la-Cèbe en Francia.

Notas

🔥 Top keywords: