Homo

xénero de mamíferos

Homo é o xénero de homínidos que inclúe os humanos modernos. Estímase que ten unha antigüidade de entre 2,4 e 1,6 millóns de anos. Todas as especies, agás Homo sapiens, están extinguidas. A última das especies relacionadas en desaparecer foi Homo neanderthalensis hai 30.000 anos, aínda que descubrimentos recentes suxiren que o Homo floresiensis desapareceu hai 12.000 anos.

O termo úsase para designar os humanos desde que Carl von Linné llo asignara en 1758

En relación aos Australopithecus, xa as primeiras especies do xénero Homo foron moito máis omnívoras, con dentes máis pequenos e a cara menos prominente e asociados a eles nos rexistros fósiles atópanse restos de ósos e pedras traballados. Os machos Homo son entre un 15 e un 20% máis corpulentos que as femias, a diferenza dos Australopithecus nos que o dimorfismo sexual era moito máis acusado, o que podería indicar que os machos non tiñan que competir polas femias, senón que dentro do grupo había unha complexa rede de relacións sociais e de cooperación propios dunha sociedade de cazadores-colleitadores.

Especies

EspeciesCronoloxía (cron)DistribuciónAltura de adulto (m)Masa de adulto (kg)Volume cranial (cm³)Rexistro fósilDescubrimento /
publicación do nome
Homínido de Denisova0.04Rusia1 sitio2010
Homo antecessor1.2–0.8España, Inglaterra, Francia1.75901000Tres sitios1994/1997
Homo cepranensis0.5-0.35Italia  10001 copa cranial1994/2003
Homo erectus1.8–0.3África, Eurasia (Cáucaso, China, India, Vietnam, Xava)1.860850–1100Varios1891/1892
Homo ergaster1.9–1.4Leste e Sur de África1.9 700–850Varios1975
Homo floresiensis0.10–0.012Indonesia1.0254007 individuos2003/2004
Homo gautengensis>2–0;0.6Suráfrica1.01 individuo2010/2010
Homo habilis2.3–1.4África Oriental1.0–1.533–55510-660Varios1960/1964
Homo heidelbergensis0.6–0.35Europa, África, China1.8901100–1400Varios1908
Homo neanderthalensis0.33–0.03Europa, Asia Occidental1.655–70 (complexión forte)1200–1700Varios1829/1864
Homo rhodesiensis0.3-0.12Zambia1,300Moi poucos1921
Homo rudolfensis1.9Kenya 7002 sitios1 cranio1972/1986
Homes da cova dos cervos0.0145–0.0115ChinaMoi poucos2012
Homo sapiens idaltu0.16-0.15Etiopía1,4503 cranios1997/2003
Homo sapiens0.2–presenteMundial1.4–1.955–1001000–1980Aínda vive—/1758

Véxase tamén

🔥 Top keywords: