Illa de Toralla

illa do concello de Vigo

Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 200 metros da praia do Vao. Pertence ao concello de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 148 habitantes (79 homes e 69 mulleres).

Illa de Toralla
Illa de Toralla na costa de Vigo.
Illa de Toralla en Pontevedra
Illa de Toralla
Illa de Toralla
Illa de Toralla (Pontevedra)
Situación
PaísGalicia Galicia
ConcelloVigo
Provincia Pontevedra
MarOcéano Atlántico
Xeografía
Superficie0´106 km²
Distancia a terra200 m.
Demografía
Poboación142 hab. (2013)
Toralla

Editar o valor em Wikidata
ParroquiaCoruxo
ConcelloVigo
Coordenadas42°12′02″N 8°48′00″O / 42.200555555556, -8.88°48′00″O / 42.200555555556, -8.8
Poboación148 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Historia

Na illa hai un castro da Idade de Ferro, con evidencias de comercio mediterráneo, e unha necrópole romana.

Pertenceu ao bispado de Tui e coa desamortización pasou a ser propiedade de Francisco Javier Martínez Enríquez, Marqués de Valladares.[2] A cadea de propietarios desde entón foiː María Dolores Elduayen Martínez (por herdanza), Enrique Lameiro Sarachaga (por venda rexistrada no catastro o 4 de xullo de 1895), Martín Echegaray Olañeta (por venda en outubro de 1910), herdada e vendida a José Manuel Kowalski Fernández e Mercedes Peyrona Díez de Güemes (1965), tamén en 1965 constituíuse a compañía mercantil Toralla S.A. cunha concesión sobre a illa até o ano 2064.[2]

A urbanización incontrolada da illa desde a década de 1960 destruíu o patrimonio natural e cultural da illa.[Cómpre referencia] Está urbanizada e comunicada coa costa viguesa por unha ponte de uso público mais parte da súa costa é inaccesíbel por estar privatizada.[2]

En 2010 abriuse o museo da Vila romana de Toralla, á beira da praia do Vao. Na illa está a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), da Universidade de Vigo [3].

Na illa desenvólvese parte da trama do libro Ollos de auga, do autor Domingo Villar.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. pp. 430–431. 

Outros artigos

  • Vila Galaico-Romana de Toralla
Lugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra)

Abade | Os Bouzós | Breadouro | Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | Couto de Abaixo | Couto de Arriba | Fontela | Fragoselo | A Gándara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | A Luz | Melcas | Moláns | Muíños | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O Río | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarrío | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Viñó

🔥 Top keywords: