Isi Gómez

futbolista español

Isaac Gómez Sánchez, coñecido como Isi, nado en Madrid o 28 de outubro de 1995, é un futbolista español, que xoga de centrocampista. Dende 2023 milita no Murcia, da Primeira División RFEF.

Isi
Información persoal
NomeIsaac Gómez Sánchez
Nacemento28 de outubro de 1995
Lugar de nacementoMadrid
Altura1,71 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualMurcia
Número7
Carreira xuvenil
2004–2008Atlético de Madrid
2008–2013Rayo Vallecano
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2013Rayo Vallecano1(0)
2013–2016Rayo Vallecano B52(5)
2016–2017Fuenlabrada21(0)
2017–2020Granada B72(3)
2020–2021Melilla17(1)
2021–2022Badajoz30(0)
2022–2023Deportivo da Coruña29(0)
2023–Murcia8(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 25 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Fillo do tamén futbolista Sito Gómez, formouse nas canteiras do Atlético de Madrid e do Rayo Vallecano. O 17 de marzo de 2013, aínda en idade xuvenil e sen ter xogado nin sequera co filial, debutou co primeiro equipo do Rayo na Primeira División, da man do adestrador Paco Jémez. Foi nun partido ante o FC Barcelona no Camp Nou, no que saltou ao campo no minuto 83 como substituto do Chori Domínguez. Converteuse así no xogador máis novo na historia do club en debutar en partido oficial, con 17 anos e 140 días, rebaixando en máis de 3 meses a anterior marca de Fernando Marqués.[1]

Na tempada 2013/14 pasou a xogar co filial, o Rayo Vallecano B, na Terceira División, e logrou o ascenso á Segunda División B. Militou dous anos máis no equipo de Vallecas, ata 2016, cando abandonou o club despois de oito anos na súa disciplina.

Fichou entón polo Fuenlabrada, de Segunda B,[2] co que disputou 21 partidos, 11 deles como titular, e co que xogou a promoción de ascenso a Segunda División.

En 2017 fichou polo Granada B, onde xogou durante tres tempadas, todas elas na Segunda B. Disputou co equipo un total de 72 partidos, 64 deles como titular, e marcou 3 goles. Na tempada 2020/21 fichou pola UD Melilla, tamén de Segunda B, co que disputou 17 partidos.[3] En xuño de 2021 fichou polo Badajoz, da Primeira División RFEF,[4] equipo no que permaneceu unha tempada, sendo titular na maioría de partidos.

O 27 de xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén da Primeira RFEF.[5] Lastrado polas lesións, non conseguiu ter continuidade no club galego, co que disputou un total de 29 partidos, incluídos dous da promoción de ascenso a Segunda.[6] O seu contrato foi rescindido en agosto e o xogador asinou co Murcia, da mesma categoría.[7]

Vida persoal

É curmán segundo de Adrián Embarba, futbolista do Espanyol, da Primeira División.[8]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas