Isidro Rodríguez Gómez

futbolista español

Isidro Rodríguez Gómez, coñecido deportivamente como Isidro, nado en Pontevedra en 1890, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de gardameta.

Isidro
Información persoal
NomeIsidro Rodríguez Gómez
Nacemento1890
Lugar de nacementoPontevedra, Galicia
Falecementovalor descoñecido
PosiciónPorteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1919–1923Real Vigo
1923–1924Celta de Vigo
1925–1931Deportivo da Coruña47(0)
1931–1932Atlético de Madrid8(0)
1934–1935Deportivo da Coruña8(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Xogou no Real Vigo Sporting Club antes da fusión deste co Real Club Fortuna de Vigo que daría ao nacemento do Celta de Vigo.

Continuou a xogar no Celta, ata que nas vésperas do Campionato de Galicia 1924/25 solicitou a baixa do club e mudou o seu domicilio á Coruña, aínda que non puido fichar por outro equipo durante esa tempada xa que o Celta non o autorizou. No inicio da seguinte tempada (1925/26) tentou fichar polo Deportivo da Coruña, mais o Celta declarouno en “rebeldía” e a Federación Galega de Fútbol denegou a fichaxe.[1][2] Porén, a Real Federación Española de Fútbol acordou en decembro de 1925 que a ficha de Isidro fose traspasada ao Deportivo.[3]

Co Deportivo debutou na tempada inicial de Segunda División 1928–29, da man do adestrador Andrés Balsa, ano no que o equipo coruñés logrou o 8.º posto na clasificación e evitar o descenso. Permaneceu no club branquiazul até a tempada 1930–31, todas en Segunda División.

Na tempada 1931–32 fichou polo Atlético de Madrid, en Segunda División. No equipo madrileño xogou 8 partidos, alternando a titularidade co galego José Manuel Bermúdez, logrando o 4.º posto na táboa.

Na tempada 1934–35 firmou polo Deportivo da Coruña, gañándolle o posto ao carralés Francisco Trigo, que viña sendo o porteiro titular. Ese ano o club deportivista, adestrado por Félix Gila, logrou o 7.º posto da clasificación, evitando o descenso.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Marcos L. Bacariza (5 de maio de 2008). "Isidro". Yo jugué en el Celta (en castelán).